Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

05/11/20 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta leva a cabo actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Arteixo

As tarefas desenvólvense en distintos tramos deste río, coincidindo co seu percorrido por distintos lugares da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo

05/11/20 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Muíños e Pinicho, no concello de Nigrán

As tarefas realízanse en distintos tramos dos ríos ao seu paso polas parroquias de Nigrán e Panxón

05/11/20 | 11:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de humanización da estrada PO-323, entre o cruce coa Avenida Mariña Española e o IES Leixa, no concello de Vigo

O contrato foi adxudicado por un importe superior aos 18.000 euros e ten un prazo de execución de 6 meses

04/11/20 | 16:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca a oportunidade dos fondos europeos para avanzar no reforzo de seguridade das estradas e na súa transformación dixital

Francisco Menéndez subliña que a rede viaria é estratéxica para o desenvolvemento económico, polo que a Xunta traballa nas propostas para o vindeiro período de fondos europeos

04/11/20 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mero no concello de Cambre

As tarefas inclúen a roza selectiva na marxe dereita da represa do muíño de Peirao, na parroquia de Bribes, e o reforzo dun noiro nun tramo de 15 metros da parroquia de Sigrás

04/11/20 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza o inicio a vindeira semana da execución da primeira fase da conversión en autovía da vía de alta capacidade Nadela-Sarria, na que a Xunta investirá 24,6 millóns de euros

Trátase da primeira autovía autonómica da provincia, libre de peaxe, que comezará polo treito de 11,5 quilómetros entre A Pobra e San Xiao e Sarria centro

04/11/20 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita na liña entre Vilagarcía e Vilanova de Arousa unha parada en vista real para facilitar a mobilidade dos alumnos de cambados que estudan FP no IES Armando Cotarelo Valledor

A Consellería de Infraestruturas, con este servizo, atende a solicitude dos pais destes alumnos de Cambados que se desprazan a diario ao instituto a Vilagarcía

03/11/20 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luisa Piñeiro supervisa o reforzo do firme da PO-308 en Sanxenxo e Portonovo cun investimento da Xunta de 245.605€

A delegada, acompañada do xefe territorial de Infraestruturas e do alcalde de Sanxenxo, visita a fase final dos traballos en dous treitos de 1.520 metros

03/11/20 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas nas estradas da provincia de Pontevedra, nos traxectos de Volta ao Val e a ruta do Sol

A sinalización irase colocando nas próximas semanas tamén nos traxectos deportivos das vías autonómicas das provincias de Ourense, de Lugo e da Coruña

03/11/20 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada OU-212, no concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros

O tempo estimado para a execución dos traballos e de cinco días, supeditado ás condicións meteorolóxicas