Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta convoca para novembro e decembro os propietarios dos terreos necesarios para executar a 1ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, no concello de Vigo
Esta intervención na estrada PO-323 suporá un investimento de arredor de 2,5 M€ e ten como obxectivo fomentar a mobilidade sostible nesta vía de entrada á cidade, a través de actuacións de acougado do tráfico rodado e mellora dos itinerarios peonís
A Xunta reclama que o Cumio Ibérico de Viana do Castelo marque un punto de inflexión no impulso polo Goberno de España do tren Vigo-Porto e inicie o diálogo sobre a Ponte Internacional
Vázquez Mourelle reclama unha planificación completa para desenvolver as actuacións e os investimentos necesarios para desenvolver en territorio español a conexión en alta velocidade con Portugal
A Xunta publica no DOG o informe de impacto ambiental do proxecto de mellora dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Remata a tramitación ambiental do deseño dos accesos do Novo CHUAC, garantindo ao máximo a integración e a funcionalidade, co menor impacto visual e integrados na trama urbana da cidade
A Xunta instala 10 novas marquesiñas en contornas rurais de estradas autonómicas de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que tamén se están entregando refuxios aos concellos para que os sitúen onde consideren necesario para mellorar o servizo
A Xunta adxudica por case 6,2 M€ as obras de mellora do saneamento do núcleo urbano de Lalín, cun novo tanque de tormentas e a execución de colectores
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras no último trimestre do ano e telas rematadas a finais do 2023
A Xunta somete a información pública o proxecto da torre polivalente do Novo CHUAC, que se comezará a construír o vindeiro ano cun orzamento de 35,9 M€
Os Orzamentos autonómicos para 2023 recollerán 28,5 M€ para iniciar obras, avanzar nas expropiacións e dotar de equipamento o Novo CHUAC
A Xunta iniciará o luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas ao paso Meira, Ribeira de Piquín, Ourense ou Salvaterra de Miño
Realizaranse estas intervencións na estrada LU-751, nos municipios de Meira e Ribeira de Piquín; na OU-510, en Ourense; e na autovía AG-51, en Salvaterra de Miño
A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-934 no treito coincidente co Camiño do Norte, no concello de Sobrado
A intervención, cun investimento de preto de 70.000 €, céntranse na execución dunha senda pola marxe esquerda da estrada, entre os puntos quilométricos 26+350 e 26+600
O proxecto da rolda leste de Lugo sairá a información pública a efectos expropiatorios antes de que finalice o ano
Trátase de completar os 2,8 km de rolda, entre a LU-530 e a N-VI, e pechar o cinto de circunvalación de Lugo, que restará tráfico ás rúas da cidade, mellorará a mobilidade e favorecerá, especialmente, a accesibilidade cara ao hospital Lucus Augusti