Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

18/11/20 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica un estudo acústico no treito Goián-A Guarda da vía de altas prestacións do Baixo Miño para avaliar a implantación de medidas correctoras

Os traballos foron adxudicados por un importe de máis de 7.000 euros e prevese telos rematados este mesmo ano

18/11/20 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora da seguridade viaria das estradas AC-234 e AC-905, ao seu paso polos concellos de Boimorto e Arzúa

Esta actuación, adxudicada por un importe de case 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución dun mes

17/11/20 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dunha senda peonil na estrada AC-542, entre Carral e Ordes, para mellorar a seguridade dos peregrinos

Esta actuación, adxudicada por un importe de case 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de dous meses

17/11/20 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/11/20 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as obras de reparación e reforzo da seguridade na ponte de Mondariz estarán rematadas no primeiro trimestre de 2021 logo dun investimento de 1,4 millóns

Vázquez Mourelle sinala que a fin da actuación é corrixir os deterioros observados en xullo no marco do Programa de inspección en pontes e obras de paso da Xunta

17/11/20 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O asfaltado das rúas Ramón Baltar e Benéfica de Conxo farán necesaria a regulación do tráfico nesta zona de Santiago entre esta tarde e o venres

Hoxe comezan os traballos nas proximidades do centro de saúde na rúa Ramón Baltar e mañá iniciaranse na rúa Benéfica, desde a rúa Torrente ata a nova glorieta de Televés

16/11/20 | 17:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/11/20 | 16:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Oficina Técnica da Seca desactiva o estado de prealerta nas comarcas de Ortegal e da Mariña ao consolidarse os niveis de ocupación dos ríos e dos encoros

Teresa Gutiérrez explica que as precipitacións rexistradas en outubro apuntalaron os niveis dos ríos, confirmando a tendencia positiva dos últimos meses

16/11/20 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsará a variante da estrada PO-510 no Porriño coa fin de mellorar a mobilidade dos veciños de Budiño e da contorna

Francisco Menéndez traslada a disposición da Xunta de executar este ambicioso proxecto que supón replantexar a rede viaria da zona, executando a nova variante da estrada para a conexión directa coa A-55

16/11/20 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas nas estradas da provincia de Ourense, nos traxectos Maceda – Almoite – Milagros – Maceda

O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste ao inicio dos traballos de sinalización na estrada OU -103 ao seu paso por Baños de Molgas