Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

21/11/20 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Santo Tomé ao seu paso polo concello de Meis

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo de 1,5 km no percorrido deste río polo lugar do Mosteiro

20/11/20 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao Concello de Outes a disposición a cofinanciar as obras de mellora da depuradora

Augas de Galicia remitiralle ao Concello unha proposta de convenio de colaboración para axilizar a súa tramitación e avanzar no proxecto de saneamento

20/11/20 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de construción dunha senda peonil na estrada autonómica OU-540 en Santa Comba de Bande

Os traballos, cun investimento de máis de 35.000 euros, realízanse en ambas as dúas marxes da estrada, entre os puntos quilométricos 49+775 e 49+895

20/11/20 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a explotación da nova estación de autobuses da intermodal de Ourense para os vindeiros cinco anos, por un valor estimado de 1,17 millóns de euros

A adxudicataria encargarase da explotación da terminal da Ponte, que se prevé acadará os 400.000 viaxeiros ao ano, un 12% máis que a actual

20/11/20 | 10:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Umia ao seu paso polo concello de Vilanova de Arousa

Trátase de traballos para o mantemento das actuacións de bioenxeñería realizadas na contorna deste río, no lugar de Ponte Arnelas, na parroquia de Baión

19/11/20 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta sinaliza unha ruta ciclista protexida de case 50 quilómetros polos concellos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo e O Grove

Luisa Piñeiro supervisa a fase final desta actuación, que estará rematada en días e pretende favorecer a protección dos ciclistas deportivos con trinta indicadores

19/11/20 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mesoiro e do Rego de Moitos no concello da Coruña

As tarefas inclúen a limpeza en distintos tramos destes ríos ao seu paso pola parroquia de Elviña

19/11/20 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza a licitación de dous novos estudos sobre as infraestruturas da Eurorrexión e demanda unha aposta polo Corredor Atlántico equilibrada co Mediterráneo

Destaca que o obxectivo das actuacións licitadas hoxe, que suman un investimento da Xunta de máis de 178.000 euros, é contribuír a reforzar a capacidade loxística e a competitividade económica e empresarial de Galicia e Norte do Portugal

19/11/20 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o servizo de control de calidade da auga en captacións, emisións ao mar ou encoros na demarcación hidrográfica Galicia-Costa, cun investimento de 1,6 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe este contrato para os vindeiros dous anos, cun prazo de presentación de ofertas ata o 30 de decembro

18/11/20 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete desde hoxe a información pública un novo treito de 7,5 quilómetros da autovía Santiago-A Estrada, entre A Ramallosa e o Rollo, que suporá un investimento de 48M€

Ethel Vázquez destaca que o anuncio publicado hoxe no DOG unifica a tramitación ambiental, as expropiacións pendentes e a aprobación dos proxectos actualizados