Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

09/12/20 | 15:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Vigo abordan o Plan de xestión fronte ao risco de inundacións no río Lagares coa fin de avanzar no impulso das actuacións

O Goberno galego solicita axilizar a sinatura do protocolo de colaboración para optar aos fondos europeos, evitando o risco de perdelos pola finalización do prazo

09/12/20 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/12/20 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto da primeira fase da variante de Carballo

Suporá un investimento de 132.000 euros e un prazo de execución de 20 meses

09/12/20 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Culleredo do treito inicial da estrada AC-213, entre O Burgo e Os Campós

Trátase do treito duns 1,8 quilómetros de lonxitude que discorre integramente polo termo municipal e no que a Xunta vén de investir 350.000 euros na mellora do firme

08/12/20 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta baixará o prezo das peaxes de varios treitos das autoestradas autonómicas en 2021 e manterá estable o resto

As autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) continuarán a ser das máis baratas de España

08/12/20 | 11:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora da rede de saneamento que conclúe na depuradora de Valga

A intervención supuxo un investimento autonómico de máis de 46.000 euros e centrouse no acondicionamento das conducións e pozos de rexistro en distintos núcleos da vila

07/12/20 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 130 M€ as obras do Hospital Público Gran Montecelo de Pontevedra que se iniciarán en xuño e suporán máis de 2.600 empregos

Trátase dunha infraestrutura sanitaria “estratéxica” e na que se priorizou a “humanización dos espazos” que a Xunta ten o máximo interese en axilizar para poñela ao servizo dos usuarios “canto antes”

07/12/20 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Ministerio de Ciencia e Innovación asinan o convenio do proxecto Innovaugas 4.0 para mellorar a xestión da auga e incrementar a capacidade de resposta ante o cambio climático

O proxecto, que conta cun orzamento de 7 millóns de euros, busca acadar solucións novidosas, optimizar os recursos hídricos e dar resposta ás demandas dos diferentes usos da auga en equilibrio co medio natural e os ecosistemas fluviais

07/12/20 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública os mapas estratéxicos de ruído da rede autonómica de estradas na provincia da Coruña

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de inicio do procedemento que establece un prazo dun mes, a partir de mañá, para que os interesados presenten as súas suxestións

06/12/20 | 09:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes da vía de altas prestacións que comunica Cambados e Vilagarcía de Arousa

Seguirase cos traballos en vías da provincia de Pontevedra, nas zonas do Condado-Paradanta, Vigo-Baixo Miño e Tomiño e A Guarda