Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

29/12/20 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/12/20 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata os traballos de substitución da cuberta das dársenas da estación de autobuses do Carballiño

A intervención supuxo un investimento autonómico de preto de 11.000 euros e permitiu cambiar os máis de 250 m2 da cuberta da zona central das dársenas e a da zona do seu encontro co edificio da estación

28/12/20 | 19:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez trasládalle ao alcalde de Gondomar que antes do vindeiro verán os menores de 21 anos do municipio poderán viaxar gratis no autobús interurbano coa tarxeta ‘Xente Nova’

A creación da Área de Transporte de Galicia permitirá que o vindeiro ano se apliquen en Gondomar as vantaxes do Plan de Transporte Metropolitano que o Concello rexeitou dúas veces en 2015

28/12/20 | 16:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a USC desenvolverán un proxecto conxunto para o seguimento e detección temperá da covid-19 nas augas residuais de Santiago de Compostela

Analizaranse as augas de entrada á estación depuradora da Silvouta tres veces por semana durante o primeiro cuadrimestre do ano 2021, o que permitirá avaliar a incidencia e a evolución do virus e establecer tendencias

28/12/20 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de estabilización dun noiro na estrada autonómica PO-308 en Raxó, no Concello de Poio

Os traballos supuxeron un investimento autonómico superior aos 28.000 euros

28/12/20 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a ampliación da vixencia e a extensión ao conxunto de Galicia en 2021 do transporte gratuíto dos menores de 21 anos coa Tarxeta Xente Nova, cun investimento de 4 M€

A iniciativa social de fomento do transporte público da Xunta permite xa viaxar de balde a case 79.500 mozos menores de 21 anos nas liñas de autobús interurbano

28/12/20 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 950.000 euros as obras na estrada OU-105 no entorno do tanatorio de Ourense que completan a mellora da seguridade viaria e da mobilidade en Seixalbo

Ethel Vázquez concreta que as empresas teñen ata o vindeiro 1 de febreiro para presentar as ofertas para as obras, que teñen un prazo de execución de 8 meses e o obxectivo é telas rematadas a principios de 2022

28/12/20 | 10:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o Decreto de expropiacións para reforzar a seguridade viaria nun treito de concentración de accidentes na estrada PO-403, en Ponteareas

A intervención conta cun investimento autonómico de 650.000 euros, no que se inclúe o pagamento dos 24 predios necesarios para executar esta obra

27/12/20 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/12/20 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a ampliación da rede de saneamento en Lobios, que permite recoller as augas residuais da residencia da terceira idade para a súa posterior depuración

A intervención, cun investimento autonómico de máis de 30.000 euros, centrouse na construción dun pozo de bombeo e na conexión coa rede municipal de saneamento