Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta asinará neste primeiro trimestre do ano o convenio de colaboración co Concello de Leiro para mellorar o sistema de abastecemento de auga
O proxecto, xa redactado e supervisado, conta cun prazo de execución de catro meses e un investimento que ascende a máis de 330.000 euros
A Xunta recibe ofertas de 16 empresas para executar unha senda na estrada autonómica PO-531 na Devesa, no Concello de Pontevedra, que suporá un investimento de arredor de 800.000 €
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras esta primavera co obxectivo de telas rematadas entre finais deste mesmo ano e comezos de 2022
A Xunta colabora co Concello de Cenlle na humanización e no reforzo da seguridade da travesía de Trasariz mediante un investimento de máis de 170.000 euros
Trátase de executar unha senda peonil ao longo do treito de 450 metros de lonxitude que une un tramo antigo da N-120 co núcleo de Trasariz
A Xunta recibe ofertas de 13 empresas para executar unha senda na estrada PO-551 entre Trasouto e o Alto da Portela, en Bueu, que suporá un investimento autonómico de 643.000 euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o seu inicio esta primavera, e o obxectivo é poder tela rematada este mesmo ano ou a principios de 2022
Ethel Vázquez avanza que en marzo a Xunta porá en servizo a nova estación de autobuses de Santiago e licitará a demolición da actual
Vázquez Mourelle precisa que na estación de autobuses, que executa e financia a Xunta con máis de 10 M€, o edificio de viaxeiros e as dársenas están rematados e só faltan detalles como o peche da zona de instalacións ou mobiliario
A Xunta recibe a oferta de 5 empresas para executar as obras de acondicionamento do edificio do Servizo de Mobilidade na Coruña que suporá un investimento de 500.000 euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o comezo das obras esta primavera para telas rematadas este mesmo ano
A Xunta axusta os servizos de transporte público no Concello de Forcarei coa fin de mellorar a mobilidade dos veciños
A Consellería de Infraestruturas contactou coa empresa de transporte que opera neste municipio para realizar as adaptacións puntuais necesarias nas liñas
A Xunta e a Fundación RIA asinan un convenio por importe de 212.000 euros para impulsar actuacións de humanización en 5 travesías da estrada AC-305 no Barbanza
Este novo acordo dá continuidade á colaboración actual para a integración urbana desta vía no entorno de Palmeira, en Ribeira, como proxecto piloto de referencia, demostrativo e replicable para este tipo de actuacións
A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza en dúas novas estradas da provincia de Ourense, continuando coas actuacións en vías da Coruña, de Lugo e de Pontevedra
Comezan os labores na OU-111, en Laza e Vilar do Barrio, e na OU-212, da Ermida-a Beade; e intensifícanse na OU-504, entre Ribadavia e Cea, na OU-531 A, en Xinzo e Cortegada e na OU-113, de Verín a Vilar de Barrio
A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo de mellora do funcionamento hidráulico do río Maior en Sada por preto de 70.000 €
As empresas interesadas neste traballo, cun prazo de execución de 6 meses, poden presentar as súas ofertas ata o día 11 de febreiro