Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

25/01/21 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista entre Bagüín e Seixo, en Marín, cun investimento de preto de 675.000 euros

A Xunta prevé comezar as obras no segundo trimestre deste ano e rematalas entre finais de 2021 e principios de 2022

25/01/21 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe ofertas de 16 empresas para executar a mellora do abastecemento de Castro de Rei, que suporá un investimento de preto de 630.000 euros

O obxectivo é resolver os problemas para cubrir as demandas de auga en época estival no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea, desde onde tamén se abastece ao polígono industrial

24/01/21 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta estende a vindeira semana os traballos de roza e limpeza a catro novas estradas da provincia de Ourense e segue coas tarefas en vías da Coruña, de Lugo e de Pontevedra

Comezan os labores na estrada OU-115 entre Verín e o parador de Monterrei, na OU-531B en Celanova, na OU-801 en Rivadavia e Ponte Barxas, así como na OU-105 en Ourense e A Ponte Noalla

23/01/21 | 10:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos das últimas fases das obras de integración paisaxística do Camiño Portugués en Conxo farán necesario o corte de tráfico na parte alta da rúa Benéfica desde este luns

Os vehículos que parten da rúa da Fervenza desviaranse pola instalacións do Sergas ata a rúa Ramón Baltar, ao igual que os vehículos que realicen o percorrido á inversa

23/01/21 | 09:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A expedición das tarxetas TMG e Xente Nova da Xunta refórzase a partir do luns para facilitar o acceso dos cidadáns ás bonificacións do transporte público de Galicia

Os usuarios do transporte público disporán de 183 oficinas na comunidade para obter a tarxeta TMG, incrementándose en 28 o número de sucursais

22/01/21 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ofrece a súa colaboración ao Concello de Melide para completar a rede de saneamento na parroquia de Santa María, que suporá un investimento próximo aos 134.000 euros

A nova actuación permitirá realizar por gravidade a conexión das augas residuais das vivendas de Santa María que restan, para a súa conexión co colector xa executado a ambas as marxes da estrada N-547

22/01/21 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe ofertas de 17 empresas para executar a nova senda na estrada AC-133 entre Franza e Rilo, no concello de Mugardos, que suporá un investimento de 500.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé a convocatoria dos actos expropiatorios neste primeiro trimestre co obxectivo de executar a obra este ano

21/01/21 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta incorporará melloras nos servizos de transporte interurbano nas áreas da Coruña e Ferrol para favorecer a mobilidade de veciños e traballadores

A empresa titular da concesión comprometeuse a concretar adaptacións en horarios e paradas para atender as demandas formuladas pola Dirección Xeral de Mobilidade nunha xuntanza mantida este mércores

21/01/21 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/01/21 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ofrece novamente a súa colaboración para solucionar os problemas de mobilidade dos veciños da parroquia de Ortoño, no concello de Ames

Reitera o seu apoio técnico e administrativo para que o Concello de Ames acade un acordo co Concello de Santiago para a prolongación da liña urbana que garanta a prestación dese servizo, como se viña facendo ata o de agora