Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

28/01/21 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 14 empresas presentan ofertas para executar as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada AC-552 en Arteixo, no que a Xunta inviste máis de 2 M€

A obra, cun prazo de 12 meses, acometerase entre o enlace coa AG-55 e o acceso á presa de Meicende, executando dúas glorietas para aumentar a seguridade

27/01/21 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 5 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 en Domaio, no municipio de Moaña

Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 490.000 euros, mellorará a seguridade no tramo entre o paso de peóns da travesía de Meira, á altura do centro de saúde, e a intersección coa vía provincial EP-1103, á saída de Domaio

27/01/21 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avaliará as propostas dos empresarios do polígono de Bértoa, en Carballo, para mellorar os servizos de transporte público cara esa área industrial

A Dirección Xeral de Mobilidade, unha vez dispoña dos datos concretos de orixes, destinos e horarios suxeridos polos empresarios, estudará os axustes nas liñas

27/01/21 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/01/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 13 empresas presentan ofertas para executar a mellora do firme nas estradas da provincia da Coruña AC-840 e AC-523, nas que a Xunta investirá máis de 3,6 M€

O contrato ten como obxectivo a rehabilitación integral do firme en máis de 32 quilómetros destas dúas estradas autonómicas

27/01/21 | 10:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Lugo de dúas estradas provinciais que van cara a Ponte de Ombreiro e as Saamasas

O Concello de Lugo solicitou a cesión destes dous treitos coa fin de utilizalos como vías de características urbanas

26/01/21 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/01/21 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
25/01/21 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comprométese cos veciños de Redondela a insistir para que o Goberno atenda dunha vez por todas as súas máis que xustas demandas de medidas compensatorias e supresión da peaxe

Vázquez Mourelle lamenta que o Executivo non avance na reposición dos viarios, na reforma da ponte de Trasmañó e na instalación das pantallas acústicas, especialmente importantes pola covid, ao ser necesario manter as ventás abertas

25/01/21 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta 10 programas de fomento da mobilidade sostible e modernización do transporte para investir 400 millóns de fondos europeos de recuperación con 2.300 empregos asociados

Os proxectos, que deben desenvolverse en 3 anos, pretenden reforzar o fomento do uso transporte público con novas estacións intermodais, unha xestión dixitalizada e aplicacións de pago e de seguimento en tempo real dos vehículos