Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

01/02/21 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor recolle as propostas do alcalde de Coristanco de humanización da travesía de San Roque e de mellora da EDAR de Vilaverde

O delegado da Xunta e o rexedor mantiveron un encontro de traballo para estudar proxectos de colaboración

31/01/21 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a elaboración do novo Plan galego de saneamento, cun investimento de máis de 1,7 millóns

Esta ofertas preséntanse a través de 5 UTE, o que supón un total de 12 empresas participantes

31/01/21 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza en novas estradas das provincias de Ourense e de Lugo

Comezarán os labores na OU-540A entre a cidade de Ourense e A Madalena; e na OU-121 no Barco de Valdeorras e Prada

30/01/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a nova senda entre Carballo e Coristanco, cun investimento de máis de 1 millón de euros

A actuación comezará na primavera e estará rematada a principios de 2022, pois conta cun prazo de execución de 8 meses

30/01/21 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de demolición da actual estación de autobuses de Santiago coa fin de licitar as obras en marzo e comezalas no verán, cun investimento de case 1,5 M€

A actual terminal será demolida integramente e en orde inversa á que corresponde á construción dunha obra nova, procedendo desde arriba cara a abaixo, empezando polas dársenas de autobuses e continuando pola terminal de pasaxeiros

29/01/21 | 15:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a solicitude de 180 M€ do Fondo de recuperación para sendas e comunicacións no rural co fin de avanzar na vertebración e xerar 1.000 empregos

Vázquez Mourelle salienta a remisión ao Ministerio de Transportes de proxectos de novas sendas e rutas ciclistas Eurovelo, para captar 92 M€ deses fondos

29/01/21 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 3 ofertas para executar o acondicionamento e rehabilitación da Ponte de Pedra sobre o río Grande en Baio, no concello de Zas, cun investimento de case 328.000 euros

Trátase de mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade peonil na ponte de xeito que se facilite a mobilidade entre ambas as ribeiras do río

28/01/21 | 16:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta contribúe a reducir a afección das augas residuais ao esteiro do Miñor xestionando as depuradoras dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, que deben actuar nas súas redes

A directora de Augas de Galicia destaca a colaboración cos concellos do Val Miñor nas responsabilidades de competencia municipal, así como o esforzo investidor para garantir a axeitada calidade dos servizos de auga que se dán aos veciños

28/01/21 | 15:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca o investimento de 15 M€ na eliminación de treitos de concentración de accidentes nas vías autonómicas, coas obras practicamente rematadas este ano

Francisco Menéndez concreta que xa están finalizadas as obras na estrada PO-552 en Vigo ou Nigrán; na PO-308 en Sanxenxo e Poio; na AC-550 en Porto do Son; na PO-549 en Cambados e Vilanova; e na AC-164 en Bergondo

28/01/21 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

O Consello da Xunta dá o visto e prace ao convenio de colaboración co Concello da Coruña para executar o Novo CHUAC

Feijóo destaca que será a maior obra hospitalaria que se levará a cabo nesta lexislatura