Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

20/02/21 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao Ministerio de Transportes a súa proposta de bonificacións da AP-9 para abordala na comisión conxunta e garantir que desta vez gañen os galegos e non a concesionaria

Vázquez Mourelle detalla que a fórmula prioriza aos usuarios recorrentes, bonificando o 100% da volta para os vehículos lixeiros con telepeaxe que realicen a volta nun intervalo de 24 horas ou con 2 viaxes de ida e de volta na mesma semana

20/02/21 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/02/21 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reitera ao Concello de Ames o seu apoio para atopar solucións ás necesidades de mobilidade das parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído

Reafirma o mantemento do apoio técnico e administrativo da Xunta para que o Concello de Ames acade un acordo co Concello de Santiago para a prolongación da liña urbana que garanta a prestación dese servizo, como se viña facendo ata agora

19/02/21 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle colaboración ao delegado do Goberno para axilizar a tramitación de proxectos autonómicos para a mellora do saneamento en Foz, Burela, Pontedeume ou Pontevedra

A Xunta prevé executar os colectores xerais e a depuradora de Foz, para o que leva solicitado e achegado documentación a Costas do Estado desde 2018

19/02/21 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez apela á colaboración e implicación dos concellos para traballar conxuntamente de cara a previr o risco de inundacións e minimizar as súas consecuencias

Avanza que a Xunta prevé aprobar este ano o Plan de xestión de risco de inundacións 2021-2027, someténdoo a información pública nos vindeiros meses

19/02/21 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/02/21 | 10:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Pontevedra chegan a un acordo para activar melloras nos servizos e bonificacións no transporte público na cidade a partir do segundo trimestre

A través dun primeiro convenio de colaboración crearanse novas liñas que incrementarán as expedicións e a cobertura dos servizos

19/02/21 | 09:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta responde ás solicitudes da Anpa do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada e adapta por segunda vez os horarios de todas as liñas de autobús

O delegado territorial, Javier Arias, destaca a rápida resposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que axustou as rutas deses seis transportes para fixar a saída, ás 15.30 horas

18/02/21 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta unha proposta de bonificacións das peaxes da AP-9 que incluirá a gratuidade na viaxe de volta dos vehículos lixeiros ou descontos do 60% para vehículos pesados

Alfonso Rueda avanzou este modelo de deducións para que os 50 M€ consignados nos PGE para descontos nas peaxes desta autoestrada se traduzan nunhas bonificacións útiles e xustas e eviten o incremento de beneficios á concesionaria

17/02/21 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta solicita ao Goberno central que licite un dos estudos informativos existentes da Saída Sur de Vigo, unha infraestrutura "clave" para a cidade, para Galicia e para a Eurorrexión

Salienta que o informe elaborado pola Xunta acredita que a Saída sur de Vigo permitiría: reducir custos de transporte; atraer novos tráficos de carga e descarga; e mellorar a conexión coa Plisan; e incrementar a actividade portuaria un 6%