Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

03/03/21 | 16:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará este ano obras de mellora do firme na estrada LU-170 entre Cabreiros e Momán, no Concello de Xermade, cun investimento de 450.000 euros

Francisco Menéndez explica que se actuará en 5,5 quilómetros, centrándose a intervención no treito comprendido entre o núcleo de Xermade e Cabreiros, coa mellora do firme e a execución de cunetas de seguridade

03/03/21 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca que os usuarios do transporte marítimo na ría de Vigo aumentaron nun 80% desde 2015 grazas ás bonificacións de ata o 65% no prezo e á gratuidade para menores de 21 anos

Ignacio Maestro detalla que os usuarios dos servizos marítimos teñen os mesmos beneficios que os do autobús grazas á integración do barco na Área de Transporte Metropolitano de Vigo, operativa desde 2015

03/03/21 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que este verán se materializarán as bonificacións ás familias numerosas nas autoestradas da Xunta e urxe a aplicación inmediata de descontos nas peaxes da AP-9

Ethel Vázquez salienta que a Xunta estuda varias opcións para que as 27.000 familias numerosas de Galicia teñan descontos nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor, sendo a Comunidade pioneira na aplicación desta medida

03/03/21 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 2,3 millóns de euros a execución do novo tanque de tormentas en Cabanas para completar o saneamento da ría de Pontedeume

A actuación, cun prazo de execución de 12 meses, consiste na construción dun tanque con saída de bombeo cara á depuradora de Centroña

03/03/21 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/03/21 | 18:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luis López anuncia que a Xunta licitará esta primavera a construción da senda de Corón, na estrada autonómica PO-549, en Vilanova de Arousa

O delegado territorial realiza unha visita institucional ao municipio e mantén un encontro de traballo co alcalde, Gonzalo Durán, no que tamén se abordaron as sendas da PO-307 e PO-306, proxectos de humanización e melloras educativas

02/03/21 | 15:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a nova estación de autobuses da intermodal de Santiago mentres ultima as obras da pasarela, culminando neste mes de marzo un investimento autonómico de 12 M€

No que respecta á pasarela, estase cos traballos de instalación do ascensor, que marcarán o final das obras da estación intermodal por parte da Xunta

02/03/21 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria farán necesarios desde hoxe cortes de tráfico puntuais os martes e os xoves a mediodía

Estes peches puntuais son precisos para avanzar na actuación e garantir a seguridade durante a execución dos traballos, que inclúen voaduras

02/03/21 | 11:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria das probas para obter o certificado de aptitude profesional para o exercicio de condutor de transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará este ano 6 convocatorias de exames de distintas categorías, aproximadamente unha cada dous meses

02/03/21 | 10:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Diario Oficial de Galicia publica o cambio de titularidade a prol do Concello de Cenlle da travesía de Trasariz, na que a Xunta investirá máis de 170.000 euros

O municipio asume o tramo antigo da N-120, de competencia autonómica, de xeito previo á licitación das obras de reforma da travesía