Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

06/03/21 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais na estrada OU-536 no núcleo urbano da Derrasa, no concello do Pereiro de Aguiar

Nas vindeiras semanas iniciaranse os traballos, contratados por un investimento de preto de 50.000 euros, que contan cun prazo de execución de 2 meses

05/03/21 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Goberno luso coinciden na necesidade de aproveitar os fondos europeos para impulsar as comunicacións entre Galicia e Portugal co AVE Vigo-Porto-Lisboa como prioridade

Ethel Vázquez demanda que o Goberno de España presente unha planificación completa de obras e investimentos para impulsar a liña de alta velocidade entre Vigo e Porto como está a facer o Executivo portugués

05/03/21 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega ao concello de Pontedeume as obras de modernización da potabilizadora municipal nas que investiu 1,5 M€

Esta actuación permite garantir o abastecemento ao municipio e a calidade da auga que abastece á poboación

05/03/21 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica os traballos de limpeza e conservación da ponte da estrada autonómica OU-536 no Concello de Xunqueira de Espadanedo

Esta actuación, que comezará nas vindeiras semanas, ten un prazo de execución dun mes e suporá un investimento de preto de 42.000 euros

05/03/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 400.000 euros as obras de acondicionamento da estrada AC-110 no concello das Somozas

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe o inicio desta contratación, cuxo prazo de presentación de ofertas remata o día 31 de marzo

05/03/21 | 10:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede 224 axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos cun investimento de case 1,15 M€

Atendéronse 41 solicitudes de axudas para vehículos adaptados á mobilidade reducida, 180 para taxis ECO e 3 para coches de cero emisións

04/03/21 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 615.000 euros as obras para a execución dunha senda na estrada autonómica PO-531 na Devesa, no Concello de Pontevedra

A finais deste mes de marzo iniciaranse os actos expropiatorios, co obxectivo de comezar as obras na primavera

04/03/21 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a execución dunha senda peonil na estrada autonómica PO-404 no concello de Tui

Os traballos, que comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de 2 meses, suporán un investimento superior aos 32.000 euros

03/03/21 | 16:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza un investimento de máis de 1 millón de euros no acondicionamento da estrada autonómica PO-546 entre Pontevedra e Marín, na zona de Estribela

O departamento de Infraestruturas traballa na redacción do proxecto de acondicionamento da estrada, prevendo dispor do documento a mediados de ano para iniciar a súa supervisión técnica, que podería requirir de expropiacións