Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

18/03/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora da rede de abastecemento no núcleo de Guimarás, no Concello de Esgos

Os traballos foron adxudicados por un importe de 48.000 euros e terán un prazo de execución de 3 meses

17/03/21 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle aos concellos de Vilanova, Ribadumia e Cambados o proxecto de mellora do bombeo e o colector de Cabanelas para dar solución aos problemas de saneamento

O proxecto, redactado por Augas de Galicia, prevé un investimento de máis dun millón de euros e establece un prazo de execución de 6 meses

17/03/21 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de acondicionamento da estrada autonómica OU-212 entre Beariz e o Alto do Couso

O contrato, adxudicado por máis de 18.000 euros, conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto

17/03/21 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Guitiriz asinan un convenio para a mellora e modernización da estación de tratamento de auga potable, cun investimento conxunto de case 415.000 €

Trátase de mellorar o proceso completo de tratamento da auga e os seus equipos, ademais do acondicionamento da planta

17/03/21 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez garante que a Xunta demandará un compromiso do Goberno de España coas autovías pendentes en Lugo e unha conexión “sen recortes” coa alta velocidade ferroviaria

A conselleira traslada a inquedanza pola falta de avances nas infraestruturas estatais en Lugo e apunta que o ritmo de execución da autovía A-54 a Santiago impide o seu remate en 2021, a pesar de iniciarse hai xa 22 anos

16/03/21 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para continuar as beirarrúas na estrada PO-315, entre Beluso e A Achadiza, no concello de Bueu

O contrato, adxudicado por un importe de máis de 18.000 euros, consta de 6 meses de prazo para redactar o proxecto

16/03/21 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para o estudo de alternativas da mellora da conexión entre Arnoia e Ribadavia na estrada OU-402

Gabriel Alén explicoulle ao alcalde que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de adxudicar, por un importe de 18.000 € a redacción deste proxecto

16/03/21 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que neste ano os veciños de Betanzos verán garantido o abastecemento de auga grazas a un investimento de 1,3 M€ na mellora da potabilizadora

Vázquez Mourelle pon en valor o investimento e o apoio técnico e financeiro da Xunta ao Concello para que poida cumprir mellor coa súa responsabilidade municipal de abastecer auga en cantidade e calidade suficiente á poboación

16/03/21 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de construción do Centro Integral de Saúde de Lalín por un importe de máis de 8,7 M€

As actuacións comezarán na primavera e prevese a súa finalización antes de que remate o ano 2022

16/03/21 | 10:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a modificación do Decreto sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas para facilitar a inscrición das empresas no rexistro de operadoras

O Diario Oficial de Galicia tamén publica a orde pola que se establecen os formularios para os procedementos de inscrición no Rexistro