Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

01/11/22 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 320.000 euros as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento de auga de Leiro

O obxectivo desta actuación é resolver os problemas da rede de subministración do municipio, coa renovación da tubaxe que conduce a auga desde Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro

01/11/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Lugo con 87 profesionais e 1.740 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo

O plan, en servizo desde hoxe, mobiliza nesta provincia un dispositivo de 58 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve

01/11/22 | 10:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o plan de vialidade invernal en Ourense con 83 profesionais e 2.000 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas vías autonómicas

O plan, en servizo desde hoxe, mobiliza nesta provincia un dispositivo de 46 máquinas, entre elas camións, pick-up, cuñas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve

31/10/22 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 286.000 € as obras para minimizar o risco de inundacións nos ríos Ulla e Sar ao seu paso por Catoira

Executaranse as obras de mellora do espazo fluvial do rego de Gondomil, no cruzamento coa estrada provincial EP-8702, incrementando a sección e implantando muros de contención ao longo de 160 metros
 

31/10/22 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta despregará desde mañá un dispositivo de 390 profesionais, 80 vehículos e 5.400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante as inclemencias do tempo

Vázquez Mourelle presenta o Plan de Vialidade Invernal, que estará operativo desde mañá nas provincias de Ourense e Lugo, mentres que nas da Coruña e Pontevedra comezará o 15 de novembro, estendéndose ata o 30 de abril

31/10/22 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas de empresas para a construción da nova depuradora de Urdilde, no Concello de Rois, cun investimento de máis de 915.000 euros

Executarase unha nova planta de tratamento de augas residuais para dar servizo aos núcleos da Calle e de Macedos

30/10/22 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas comarcas da Coruña e de Ourense

Comezarán novas tarefas na vía de altas prestacións VG-1.3, ao paso por Oleiros, Sada e Cambre; e na estrada OU-510, en Ourense

29/10/22 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 455.000 € as obras para dotar de saneamento os núcleos de Viladónega, o Outeiro e O Pedral, en Boimorto

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras neste último trimestre do ano

29/10/22 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía a partir do 2 de novembro o percorrido dunha liña de autobús en Sada para conectar 5 núcleos de poboación do municipio co centro urbano

A liña entre Sada e o lugar de Armuño, en Bergondo, engade 9 novas paradas e pasa a realizar un itinerario circular que regresa ao centro de Sada

28/10/22 | 18:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta comprométese co Concello de Ferrol a actuacións de mellora nos servizos públicos, saneamento, infraestruturas e dinamización industrial da cidade

Anuncia a ampliación da participación da Xunta no saneamento rural de Ferrol, ata un 70 % cun investimento de 8,4 M€ ata 2026