Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

20/05/21 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica OU-105 no entorno do tanatorio de Ourense, en Seixalbo

A actuación conta cun investimento autonómico de case 950.000 euros e cun prazo de execución de 8 meses, polo que o obxectivo é poder rematala a finais de ano

19/05/21 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública un novo treito da vía de altas prestacións da Costa Norte, entre San Sadurniño e Sanguiñeira

Trátase da actualización do proxecto de construción da VAP da Costa Norte no seu treito San Sadurniño-Sanguiñeira, completándose, ademais, cunha conexión directa coa autovía AG-64

19/05/21 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe un total de 8 ofertas para executar as obras de mellora do firme en seis estradas autonómicas da provincia de Pontevedra, cun investimento de preto de 775.000 euros

Actuarase nas estradas PO-214, PO-221, PO-222, PO-223, PO-233 e PO-303, nos concellos de Pontecesures, A Estrada, Moraña, Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Padrón, Sanxenxo, Meaño e Cambados

19/05/21 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que o novo itinerario peonil e ciclista que unirá Carballo e Coristanco estará á disposición dos veciños a finais de ano cun investimento da Xunta de máis de 1M€

Vázquez Mourelle sinala que as obras, que comezaron a finais de abril, consisten na execución dunha senda de 2,5 km na estrada AC-552

19/05/21 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde o vindeiro sábado os servizos de transporte público das parroquias de Ortoño e Bugallido, no concello de Ames

A medida busca dar resposta ás necesidades de mobilidade dos veciños destas parroquias, afectadas pola anulación do servizo de bus urbano de Santiago

19/05/21 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 60.000 euros as obras da rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos, no concello de San Cibrao das Viñas

Executarase unha rede separativa de augas pluviais e fecais, completando así as infraestruturas de saneamento e canalización de augas pluviais neste núcleo

19/05/21 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de acondicionamento e de mellora da mobilidade peonil na contorna da glorieta da estrada OU-540, que dá acceso aos centros comerciais de Barbadás

A actuación, impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, supón un investimento de arredor de 70.000 euros

18/05/21 | 18:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca a universalización da gratuidade do transporte público para os menores de 21 anos desde o 21 de maio, ao tempo que impulsa prezos máis económicos para toda a cidadanía

O director salienta que o 2020 foi o ano de maior incremento no número de tarxetas Xente Nova expedidas desde a súa posta en marcha no 2016, emitíndose máis de 21.000 novos dispositivos, a pesar dos condicionantes da crise sanitaria

18/05/21 | 17:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta prevé investir 2,3 M€ na mellora da depuradora de Ponteareas no marco dun convenio de colaboración con Acuaes e o Concello que se prevé pechar este mes

Teresa Gutiérrez salienta que a Xunta investiu desde 2010 máis de 5 M€ na potabilizadora de Ponteareas, na mellora de saneamento de varias parroquias ou na senda no río Tea

18/05/21 | 15:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme nas estradas da provincia da Coruña AC-840 e na AC-523, que suporán un investimento autonómico de máis de 3,6M€

As intervencións teñen por obxectivo a rehabilitación integral do firme en 50 quilómetros destas dúas estradas de titularidade da Xunta