Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta asina a acta de replanteo para o inicio das obras do emisario submarino de Praceres, que mellorará a depuración de augas residuais da ría de Pontevedra cun investimento de 12 M€
O delegado territorial, Luis López, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, asisten ao acto que marca o comezo efectivo da actuación, que se prolongará durante doce meses e outros doce para a posta en marcha
A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a protección da marxe dereita do río Ulla de cara a minimizar o risco de asolagamento ao seu paso polo concello de Padrón
O contrato, adxudicado por preto de 18.000 euros, conta cun prazo de 8 semanas
Ethel Vázquez agarda que o aparcadoiro da intermodal de Ourense estea en servizo en xullo para completar a 1ª fase da estación, na que resta aínda a execución da área ferroviaria
Vázquez Mourelle adianta a petición da Xunta para que os veciños da Ponte dispoñan do maior número posible de prazas gratuítas ou cun prezo simbólico
A Xunta adxudica as obras de mellora do firme de 4 estradas autonómicas nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal por preto de 1,2 millóns de euros
O comezo das obras prevese a finais de xuño e executaranse nun prazo de 6 meses
A Xunta adxudica por preto de 505.000 euros a execución das obras de mellora do abastecemento no concello de Castro de Rei
Os traballos, cun prazo de execución de 6 meses, teñen como obxectivo cubrir as demandas de auga en época estival no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea, desde onde tamén se abastece ao polígono industrial
A Xunta concede case 145.000€ ao concello de Dozón para a mellora do polígono industrial coa construción de beirarrúas e a instalación de sistemas de vixilancia
O delegado territorial, Luis López, anuncia esta nova achega, que financia o 80% dos 181.000€ de investimento, nunha visita ao parque empresarial xunto ao alcalde, Adolfo Campos
O delegado territorial da Xunta aborda co presidente da Câmara de Arcos de Valdevez o acondicionamento da estrada OU-540, “fundamental” para as comunicacións co norte de Portugal
Gabriel Alén explica que o Goberno galego considera fundamental as comunicacións entre a provincia de Ourense e o norte de Portugal, e que este proxecto da Xunta suporá a mellora cualitativa para os case 7.000 veciños da Baixa Limia
A Xunta e o Concello de Friol selan a colaboración para dotar de saneamento o núcleo de Roimil cun investimento de máis de 280.000 euros
Estenderase a rede de saneamento e depuración de augas residuais aos lugares do Campo da Feira, O Pazo, Currás e A Penagateira, dando servizo a 20 vivendas e con capacidade de depuración para 200 habitantes
Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras que completarán a rede de saneamento na parroquia de Pereiras, en Mos, cun investimento de 430.000 euros
O contrato, cun prazo de 4 meses, enmárcase na colaboración da Xunta co Concello para realizar as obras pendentes no norte e en parte do sur da parroquia