Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta selecciona seis concellos para a elaboración e implantación de plans municipais de abastecemento autónomo, que suporán un investimento de 900.000 €
Os municipios seleccionados foron Oia, Baleira, Oímbra, Mondariz, San Xoán de Río e Cerdedo-Cotobade
Esta tarde ábrese ao tráfico a zona entre o campo de Conxo e a nova glorieta de Televés no marco das obras de integración do Camiño de Santiago
Os vehículos poderán acceder ao Campo de Conxo desde a SC-20, glorieta Conxo, sentido Benéfica de Conxo, quedando para uso exclusivo de autobuses urbanos e coches autorizados o acceso desde a nova glorieta de Televés
Ethel Vázquez avanza o reforzo do transporte entre Ourense e os polígonos de San Cibrao e de Barreiros con novas frecuencias e paradas, en servizo desde o mércores
Vázquez Mourelle avanza que se disporá dunha nova frecuencia de ida desde a estación intermodal de Ourense cara ao polígono de San Cibrao ás 7.30 horas da mañá, de luns a venres
As obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-552 en Arteixo precisarán de cortes puntuais e desvíos de tráfico esta semana
Hoxe realizaranse voaduras na contorna da glorieta do punto quilométrico 2+880, que fará necesarios cortes de tráfico durante breves intervalos de tempo, dirixidos por sinalistas
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-308 en Fontenla, no concello de Poio
Esta intervención, que supón un investimento autonómico superior aos 676.000 euros, céntrase na contorna do tramo de concentración de accidentes da vía e prevé a mellora das interseccións para diminuír a velocidade nese treito
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto para habilitar un aparcadoiro na contorna do novo centro de saúde de Narón
Habilitaranse 138 prazas de aparcadoiro, engadindo catro adicionais para persoas con mobilidade reducida e dúas para vehículos sanitarios
As obras da autovía Nadela-Sarria obrigan a cortar o tráfico a mañá do martes entre os enlaces da Pobra de San Xiao e Sarria Norte
Amplíase o horario de peche durante esa xornada debido á execución de microvoaduras
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos de Ribadeo
O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explicou que nos últimos días as tarefas centráronse nos leitos dos ríos Vilaselán, Moureira e San Xulián