Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inviste 260.000€ na mellora das traídas de augas veciñais e no Plan de abastecemento autónomo de Cerdedo-Cotobade
O delegado territorial, Luis López, informa de que este municipio foi un dos seis seleccionados para a elaboración e implantación do Plan municipal de abastecemento autónomo, ao que se destinarán 150.000€
A Xunta somete a información pública os proxectos das sendas de Soesto e Serantes, en Laxe, que suporán un investimento autonómico de 334.000 euros
O obxectivo é executar en total case 1.300 metros de itinerario peonil ao longo da antiga traza da estrada AC-433
A Xunta adxudica a reformulación do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552 na zona das Rexas, ao seu paso polos concellos de Vigo e de Nigrán
O obxectivo é adaptar o proxecto inicialmente deseñado para a eliminación dun treito de concentración de accidentes ás achegas recibidas durante o proceso de información pública
A Xunta remata a senda peonil e ciclista na estrada PO-307 en Vilanova para reforzar a seguridade cara á ponte da Illa de Arousa
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde, Gonzalo Durán, supervisaron esta actuación, que supuxo un investimento de 1,5 M€, xunto con outra obra similar na PO-549 entre Tarrío e Cores
A Xunta inviste 200.000 euros en preto dunha trintena de marquesiñas instaladas nas estradas lucenses
O delegado territorial, Javier Arias, lembrou que está en fase de adxudicación un segundo contrato de máis de 1,2 millóns de euros para a renovación doutros 200 refuxios en toda Galicia
Ethel Vázquez salienta que a Xunta seguirá a dar a batalla ante o Goberno de España para que os galegos dispoñan de servizos de tren competitivos e de calidade
Vázquez Mourelle rexeita que se use a pandemia como escusa para recortar prestacións e emprego no tren
A Xunta e o Concello de Muíños colaboran para impulsar a mellora dos servizos de saneamento en varios núcleos do municipio cun investimento de 225.000 €
Mellorarase o tratamento das augas residuais dos núcleos de Muíños e do Barrio e realizaranse reparacións nas depuradoras do Parque e de Pazos
A Xunta e o concello de Beariz asinan o convenio de colaboración para renovar a rede de abastecemento de auga en Magros
A actuación, que suporá un investimento total de 105.000 euros, será financiada nun 80% pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e nun 20% polo Concello de Beariz
A Xunta somete a información pública a reformulación do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 na recta de Figueiró, no concello de Tomiño
O DOG publica hoxe o trazado de adaptación dos camiños de servizo previstos no proxecto de conversión en autovía urbana de 2,1 quilómetros desta vía autonómica entre a glorieta de Goián e o acceso ao núcleo de Estás
A Xunta adxudica as obras de eliminación do tapón urbanístico da rúa Fisterra de Lugo coa fin de mellorar a seguridade viaria na zona
Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, comezarán o vindeiro mes de xullo e teñen un prazo de execución estimado de 3 meses