Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destina preto de 700.000 euros a impulsar proxectos de mellora en oito parques empresariais lucenses
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou das axudas concedidas aos concellos de Cervo, O Saviñao, Monforte de Lemos, Chantada, Begonte, Monterroso, A Pontenova e Rábade para financiar obras de modernización nos polígonos
A Xunta inicia as obras de mellora de firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal cun investimento de 1,4 M€
Actuarase nas estradas -101, AC-546, AC-566 e AC-861, ao seu paso polos concellos de Cedeira, Ortigueira, Cabanas, A Capela e As Pontes
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Cabana de Bergantiños de dous treitos antigos da estrada AC-429
Transfírense dous treitos situados na marxe esquerda, entre os puntos quilométricos 2+790 e 2+940 e entre os quilómetros 6+890 e 6+980
A Xunta adxudica por 5,1 M€ os servizos de conservación dos treitos interurbanos dos ríos da demarcación Galicia-Costa para os 2 vindeiros anos
A Xunta incrementa en máis do 65% o investimento nestes contratos para garantir o mantemento de 15.000 km de ríos xestionados por Augas de Galicia
A Xunta adxudica as obras de acondicionamento dos camiños de servizo da estrada autonómica OU-312 no concello de Lobios
Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo estimado de execución de 3 meses
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de construción dunha senda na estrada AC-301 ao seu paso polo concello de Rois
Esta intervención para a mellora da seguridade viaria e para o fomento da mobilidade sustentable conta cun investimento autonómico estimado en preto de 600.000 euros
Ethel Vázquez destaca que case 10.000 mozos da área de Ferrol viaxan gratis á Coruña e por toda Galicia coa Tarxeta Xente Nova, aforrando ata 1.350 € ao ano
Vázquez Mourelle explica que empregando a Xente Nova todos os mozos galegos, vivan onde vivan, teñen dereito a realizar ata 60 viaxes ao mes de balde en calquera das máis de 3.100 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta
A Xunta inicia as obras para eliminar o tapón urbanístico da rúa Fisterra de Lugo, que executará nun prazo máximo de tres meses
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste máis de 48.000 nos traballos de mellora da seguridade viaria, que se engaden aos 15.500 euros abonados na expropiación de dous predios
A Xunta adxudica a mellora do firme na travesía de Esteiro, en Muros, que comezará nas vindeiras semanas
Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, terán un prazo de execución de 3 meses
O avance nas obras de mellora do Camiño Francés na Avenida de Lugo e no cruce dos Concheiros fará necesario un desvío do tráfico a partir do venres
O obxectivo de rematar as principais actuacións a finais deste mes fai preciso o axuste no tráfico desde a primeira hora do venres