Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica a mellora da rede de abastecemento de auga no concello de Vilar de Barrio
A actuación dá resposta á solicitude de colaboración do Concello e recolle as actuacións do proxecto redactado por Augas de Galicia para emendar a escaseza de auga potable en época estival nos núcleo de Barrán, Vilar de Barrio e Bóveda
A Xunta publica hoxe no DOG unha nova convocatoria de axudas para a mellora do servizo e da calidade da auga das traídas veciñais cun investimento de 500.000 euros
Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro deste ano destinados á mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento nas traídas xestionadas polas comunidades de usuarios
A Xunta inicia esta semana novas tarefas de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Ourense e de Pontevedra
Comezarán os traballos na estrada OU-801, en Ribadavia e Ponte Barxas, e na Variante de Marín V.G.- 4.4, en Pontevedra e Marín
A execución dun paso de peóns elevado na rúa Benéfica de Conxo afectará ao tráfico nesa zona de Santiago a partir deste luns
A execución da plataforma realizarase á altura do número 58 desta rúa, quedando interrompida a circulación nese punto desde as 9:00 horas do día 19 e ata a mesma hora do luns día 26
A Xunta avanza na execución do centro integral de saúde de Lalín, cos traballos de cimentación xa finalizados
As obras progresan a bo ritmo, cunha execución incluso adiantada con respecto á programación inicialmente establecida, tal e como constataron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e o alcalde nunha visita ás obras a semana pasada
A Xunta adxudica por máis de 1M€ as obras de acondicionamento da estrada OU-129, nos concellos da Veiga, Viana do Bolo e O Bolo
Estas obras comezarán no vindeiro mes e terán un prazo de execución estimado en 6 meses
A Xunta adxudica por 353.000€ a instalación de cerramentos na AG-64 en Narón e na vía de altas prestacións CG-2.2 no Corgo para evitar accidentes pola irrupción de fauna
Os traballos, cun prazo de execución de catro meses, comezarán en agosto
A Xunta licita por máis de 305.000 euros 5 actuacións para reducir o risco potencial de inundación nos concellos de Padrón e de Valga
Trátase de redactar os proxectos construtivos para minimizar o risco de asolagamento nestes municipios, previstos por Augas de Galicia no marco do Plan de xestión específico para a área fluvial dos ríos Ulla e Sar, declarada de risco potencial de inundación
A Xunta recibe 7 ofertas para a implantación de tratamento biolóxico na depuradora de Vilaboa, que suporá un investimento autonómico de 720.000 euros
Das ofertas presentadas, 2 están conformadas por UTE, o que supón un total de 9 empresas