Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez sinala a reforma da avenida de Ourense de Marín como exemplo de bo uso dos fondos europeos e reclama un reparto xusto dos ‘Next Generation’ para seguir avanzando
Lamenta que o reparto de fondos de reconstrución establecido polo Goberno de España impida actuacións de mobilidade en concellos de menos de 50.000 habitantes, pese a que a Unión Europea reclama investimentos no rural
Lembra que a Xunta e máis de 100 concellos impulsan unha declaración institucional para acadar un maior equilibrio no reparto dos fondos de reconstrución
A Xunta concede axudas a 69 concellos por máis de 825.000 euros para elaborar plans de emerxencia fronte á seca
Esta convocatoria súmase ás dúas precedentes, que xa beneficiou a 40 concellos, polo que se prevé que o vindeiro ano sexan 109 os municipios que disporán desta ferramenta para poder estar preparados e anticiparse a posibles situacións de seca
A Xunta avanza a bo ritmo nas obras de reforzo do firme da autovía AG-64, que prevé rematar este mes
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se destinan máis de 1 millón de euros á mellora de 13,4 quilómetros da estrada, entre o enlace de Cabreiros e a intersección coa A-8
O DOG publica a bonificación ás familias numerosas nas autoestradas da Xunta que entran en vigor mañá
As familias en posesión dun título de familia numerosa en vigor poden cubrir desde o pasado día 6 de agosto o impreso de solicitude de alta na páxina web www.autoestradas.com para beneficiarse das bonificacións
A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840 entre Porzomillos e Oza, no concello de Oza-Cesuras
As intervencións, cun investimento autonómico de 454.000 euros, consistirán na construción dunha nova senda peonil e ciclista e na reordenación dunha intersección
A Xunta somete a información pública o proxecto da nova senda na estrada AC-305, que conectará A Casilla, O Araño e Burés, no concello de Rianxo
O prazo para presentar alegacións estenderase dende mañá ata o 21 de setembro
A Xunta recibe 5 ofertas para executar as obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que suporán un investimento de case 52,6 M€
As obras, que comezarán a finais deste ano, constan de tres intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora de accesos
A Xunta destina máis de 2 millóns de euros a financiar medio cento de obras de abastecemento e saneamento en Lugo
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de ampliar o crédito deste programa de axudas, duplicando o orzamento na provincia e pasando de 20 a 37 concellos beneficiarios
A Xunta amplía en 250.000 € o crédito para a concesión de axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos
O prazo de presentación de solicitudes continúa aberto nos mesmos termos establecidos na orde de convocatoria destes incentivos
A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas das provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra
Este luns iniciaranse novos traballos nas marxes da vía Mosqueiros (AP-53)- Santa Lucía (N-525), en Santiago; na estrada LU-172, en Muras; e na Variante de Marín, entre Lourizán e Ardán