Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia a próxima semana a rehabilitación e posta en valor da ponte Nafonso en Noia e Outes, que suporá un investimento de máis de 700.000 euros
O desenvolvemento dos traballos suporá afeccións ao tráfico e tentarase reducir ao máximo o prazo de execución, inicialmente estimado en seis meses
A Xunta principia as obras de reforzo da seguridade viaria na OU-113 ao seu paso por Laza
Gabriel Alén explicou que nesta actuación, encamiñada a favorecer a seguridade, a comodidade e a experiencia do peregrinos, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 36.000 euros
A Xunta adxudica por máis de 300.000 euros novas obras de saneamento e abastecemento en distintos lugares da parroquia de Larín, no concello de Arteixo
A intervención, que conta cun prazo de execución de 3 meses, permitirá a mellora dos sistemas dos servizos municipais entre os lugares de Mirón, A Chamusqueira, Capela de San Roque, O Campo da Pedra, A Fraga e O Anide
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de humanización da travesía da estrada OU-312 en Lobios
Os traballos, adxudicados por máis de 18.000 €, terán un prazo de execución de 5 meses
A Xunta licita por máis de 1,13 m€ o estudo de detalle de inundabilidade fóra das áreas de risco potencial significativo de inundación de Galicia-Costa
Trátase de complementar o labor de Augas de Galicia na contorna das 170 áreas de risco potencial significativo de inundación delimitadas na revisión e actualización do Plan de xestión de risco do novo ciclo 2021-2027, e que suman unha lonxitude de 548 km de río
A Xunta investirá máis de 96.000 euros no polígono industrial de Chorente para a mellora das vías de acceso ás parcelas e a súa sinalización
O delegado territorial explicou que esta achega, encadrada na Orde de Parques Empresariais, ten como finalidade a mellora da pavimentación actual de varias vías de acceso ás parcelas do parque empresarial e a sinalización das mesmas
Ethel Vázquez demanda axilidade no impulso do tren a Punta Langosteira para poder avanzar na recuperación da fachada marítima
Remarca que a conexión ferroviaria é a prioridade número un do Goberno galego e que o presidente da Xunta acadou xa o compromiso da súa execución do ex-ministro Ábalos
A Xunta somete a información pública a mellora da estrada PO-234 entre Laxoso e o cruce de Portasouto, en Ponte Caldelas, que suporá un investimento de máis de 1M€
O prazo de presentación de alegacións estenderase durante 30 días hábiles a contar dende mañá
A Xunta executa obras de reforzo do firme no anel da glorieta da estrada autonómica OU-540 e nos catro ramais de acceso aos centros comerciais de Barbadás
Esta actuación completa as obras de acondicionamento e de mellora da mobilidade realizadas recentemente na glorieta situada no punto quilométrico 1+800
A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril
Os interesados deberán presentar a solicitude no prazo dun mes, a partir de mañá