Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

17/11/22 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras da senda peonil e de mellora do firme na estrada AC-221 en Abegondo

Esta actuación, cun investimento de máis de 48.000 €, centrouse no treito da vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 10+640 e 10+960
 

17/11/22 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 47.600 euros en mellorar a dársena da estación de autobuses de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se renovarán os bancos e se pintarán os paramentos, entre outras accións para mellorar a súa estética e funcionalidade
 

17/11/22 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 10,3 M€ as obras de ampliación da capacidade e de mellora do funcionamento da estación depuradora de augas residuais de Sada

Trátase de incrementar o volume de depuración, minimizar os actuais problemas de vertidos en tempo de choiva e tratar todas as augas residuais xeradas no municipio nun escenario futuro
 

16/11/22 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de construción dunha glorieta elíptica na intersección da estrada PO-331 no alto de San Cosme, nos concellos de Vigo e de Mos

O obxectivo da actuación é reforzar a seguridade viaria dos xiros neste punto, no que conflúen as vías que conectan a PO-331 coa Universidade de Vigo, co núcleo de Erville e con outros equipamentos da contorna
 

16/11/22 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora da AC-862 entre o Campo de Hospital e a Ponte Mera cun investimento de case 15 M€

Esta actuación, cuxas obras se licitan hoxe por 6,8 M€, comezará na próxima primavera cun prazo de execución de 18 meses

16/11/22 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 800.000 € as obras para o acondicionamento da antiga estrada PO-400, no concello de Arbo

Esta intervención prevé iniciarse neste vindeiro mes de decembro e conta cun prazo de execución de 6 meses

15/11/22 | 16:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución das obras do treito da VAC TUI-A Guarda, entre os enlaces da autovía A-55 e Areas, fará necesario un corte de tráfico na madrugada de mañá

Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo dende as 22 horas de máña ata as 6 horas do xoves

15/11/22 | 16:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta cualifica de “decepción” a reunión sobre a A-6 co Ministerio de Transportes, ao non achegar explicacións suficientes do colapso, solucións eficaces para os transportistas nin un plan concreto de reconstrución

Vázquez Mourelle salienta que o Ministerio recoñeceu que o desvío provisional non é válido para os transportistas e queda desde agora só para o paso de turismos
 

15/11/22 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 330.000 euros as obras de mellora da seguridade na estrada PO-315 ao seu paso pola parroquia de Beluso, no concello de Bueu

A actuación suporá un investimento da Xunta de 340.000 €, incluíndo o pagamento dos 8 predios necesarios para a súa execución, que se acometerá en 2023
 

15/11/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 48.000 euros as obras de renovación da estación de bombeo de auga para a mellora do abastecemento do concello de Oímbra

O obxectivo é dotar dun correcto servizo de abastecemento aos veciños, resolvendo as deficiencias da estación de captación e bombeo, que ocasionan frecuentes avarías que provocan a interrupción da subministración