Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos no concello de Carnota
Estes traballos desenvólvense nos ríos Rateira, Pedrafigueira e Nóutigos, ao seu paso por distintos lugares das parroquias de San Mamede e de Santa Comba
A Xunta investirá máis de 335.000 euros na ampliación do aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera da Coruña
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitará a próxima semana as obras desta nova actuación no centro hospitalario, que permitirá incrementar o espazo de de aparcadoiro, poñendo á disposición dos usuarios 31 prazas ordenadas
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos regos do Campelo e das Maceiras, no concello de Redondela
Os traballos desenvólvense en ambos os dous regos ao seu paso polas parroquias de Reboreda e de Redondela
Gabriel Alén informa ao alcalde de Paderne de Allariz da licitación das obras para dotar de abastecemento ao núcleo de San Cristovo que suporán un investimento de 245.000 euros
As empresas interesadas teñen ata o vindeiro 2 de novembro para presentar as súas ofertas
A Xunta recibe 12 ofertas para a redacción do proxecto construtivo de mellora do sistema de entrada á depuradora de Monterroso, que suporá un investimento de 160.000 euros
Os traballos definirán a localización e dimensionamento do novo tanque de tormentas e analizarán outras necesidades de ampliación da depuradora
A Xunta e o Concello de Vedra asinan a colaboración para reforzar o saneamento neste municipio cun investimento de máis de 1,3 M€
Executaranse as obras de saneamento nas parroquias de San Mamede e de Santa Cruz de Ribadulla, completando un proxecto máis amplo no que Augas de Galicia terá investido un total de 2,3 M€
A Xunta asina o contrato para a elaboración dos proxectos e a dirección das obras do Novo Chuac, un investimento de 430 M€ para blindar a asistencia sanitaria da Coruña nas vindeiras décadas
Vázquez Mourelle salienta que o contrato, adxudicado á UTE Pinearq–Vázquez Muíño–Monteoliva por máis de 6M€, dará soporte técnico á maior obra da lexislatura en Galicia
A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-406 entre Varóns e Filgueira, no Concello de Crecente
A actuación, cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, ten un prazo estimado de execución de dous meses
Arias comproba a marcha das obras de mellora da vía de altas prestacións CG2.1 entre Monforte e O Saviñao, que avanzan a bo ritmo
O delegado territorial da Xunta explicou que se está a aproveitar o clima favorable para axilizar as tarefas de estendido da capa de rodadura nos 12 quilómetros obxecto dos traballos
A Xunta licita por preto de 210.000 euros a execución dun novo muro de protección na marxe do río Mero en Ponte Peiraio, no concello de Cambre
Actuarase no noiro de sostemento da senda fluvial sobre a marxe esquerda da canle do río, acondicionando tamén o treito do itinerario soportado por este