Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta seguirá a vindeira semana cos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias
Continuarán estes labores nas estradas da provincia de Lugo: LU-120, en Vilalba, Cospeito, A Pastoriza e Castro de Rei; na LU-934 en Friol; e na vía de altas prestacións CG-2.2, en Lugo e Sarria; e na provincia de Ourense na OU-504, en San Cristovo de Cea
A Xunta licita por 277.000 euros as obras que permitirán completar o servizo de saneamento no municipio de Irixoa
Executaranse 5 ramais en tubaxe, que se instalarán nas marxes das estradas existentes, entre elas, a vía autonómica AC-151 e a provincial DP-0905
O DOG publica o inicio dos trámites para a rehabilitación do edificio da Xunta na praza de Mazarelos, en Santiago, que suporá un investimento autonómico de 1,8 M€
Trátase de desenvolver as actuacións necesarias para executar as obras de restauración, mellora da envolvente térmica e distribución interior do edificio que alberga a oficina de Turismo da Xunta e a Secretaría Xeral de Emigración
A Xunta e o Concello de Culleredo asinan o convenio de colaboración para facilitar a execución do itinerario entre a Rúa Mero e o Paseo da Ría do Burgo
Augas de Galicia poñerá á disposición do Concello de Culleredo os terreos necesarios para o desenvolvemento destas obras
Ethel Vázquez avanza que a Xunta completará o investimento de 20 M€ na fachada marítima da Coruña cun equipamento público ao servizo da cidade en terreos portuarios
Vázquez Mourelle concreta que a ‘Comisión Porto-Cidade’ decidirá sobre o uso e sobre o ámbito deste equipamento que impulsará a Xunta
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-542, en Pazos, no Concello de Pontevedra
A intervención, que supón un investimento autonómico de preto de 830.000€, mellorará a actual intersección en cruz e permitirá diminuír a velocidade nese tramo da vía ao seu paso pola parroquia de Marcón
A Xunta inicia as obras de mellora e acondicionamento das instalacións da estación de autobuses da Estrada
Os traballos, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, inclúen a envolvente do edificio, a cuberta e as fachadas
Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras para dotar o Hospital Naval de Ferrol de 266 novas prazas de aparcadoiro, cun investimento da Xunta de 662.000€
Vázquez Mourelle avanza que se duplicará o número de prazas de aparcadoiro existentes, ao construír un novo estacionamento contiguo ao actual na zona norte, outro na zona sur e novas prazas na marxe esquerda do viario perimetral
A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias
Iniciaranse estes labores na autoestrada AG-6.4, en Narón; na estrada LU-934, en Friol; na OU-531, en Celanova; e na VG-4.7, en Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis
A Xunta executa obras de mellora da seguridade na estrada AC-934, no treito coincidente co Camiño Norte, ao paso polo concello de Sobrado
A actuación consiste na execución de dous tramos de senda de 1,5 metros de ancho pola marxe dereita da vía, entre os puntos quilométricos 19+120 e 20+630