Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta convoca en novembro e en xaneiro aos titulares dos terreos necesarios para executar unha senda no núcleo da Tablilla, no concello de Cerceda
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria do levantamento de actas previas para o 8 de novembro e da súa formalización para o 24 de xaneiro
A Xunta lanza unha segunda ampliación das axudas para novas accións de saneamento e abastecemento en concellos de menos de 5.000 habitantes dotada con 720.000 €
O departamento que preside Ethel Vázquez investiu nas dúas primeiras convocatorias preto de 8,9 M€ para apoiar 217 actuacións en 152 municipios e garantir o mellor funcionamento destes servizos de competencia local
A Xunta solicita a declaración de Interese Xeral do Estado das actuacións precisas para garantir o abastecemento de auga a Vigo
A directora e o xerente de Augas de Galicia participaron hoxe na xuntanza coa Confederación Hidrográfica de Miño-Sil e co Concello de Vigo na que se acordou pechar o traballo de análise das alternativas sobre o abastecemento
A Xunta manifestouse en contra de que se recolla como actuación prevista o trasvase de auga do río Verdugo ao río Oitavén, posto que o propio estudo acredita que non solucionaría os posibles problemas de abastecemento en ningún escenario
A Xunta trasládalle ao Ministerio de Transportes o informe da Comisión Galega da Competencia que sinala como excesivas e posibles “axudas de Estado” as compensacións á concesionaria da AP-9
O Goberno galego urxe a convocatoria dunha reunión da Comisión da AP-9 para abordar este informe e o ditame do Consello Consultivo de Galicia, entre outros asuntos
A Xunta celebra a aprobación pola Autoridade Portuaria da Coruña do proxecto e do convenio para impulsar a conexión ferroviaria de Punta Langosteira
O Goberno galego destaca que este gran avance é posible grazas a que o presidente da Xunta acadou o compromiso do Goberno de España para licitar a conexión
A Xunta publica o decreto expropiatorio para a execución das sendas peonís e ciclistas en Montealegre e en Valdorregueiro, no Concello de Ourense
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o Decreto polo que se declara a utilidade pública dos terreos afectados pola construción dos novos itinerarios proxectados nas estradas autonómicas OU-101 e OU-150
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Silleda das vías PO-210 e PO-211 de conexión coas estacións ferroviarias
O obxectivo da transferencia ao municipio é adaptar as vías á súa actual funcionalidade local, derivada do progresivo abandono das estacións de tren de Silleda e Bandeira
A Xunta aborda cos alcaldes da comarca de Ferrolterra a mellora dos servizos de autobús de conexión coa Coruña
O Goberno galego incorporará as achegas dos concellos á proposta que está a redactar a concesionaria para adaptar a oferta de servizos á demanda actual
A Xunta inicia a execución das obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-546, na travesía de Sarria
Esta actuación de mellora da seguridade viaria céntrase no tramo entre os puntos quilométricos 23+380 e 24+290
Ethel Vázquez subliña que a Xunta investirá o vindeiro ano case 38M€ nas estradas autonómicas de Lugo para avanzar na vertebración e no equilibrio territorial
Vázquez Mourelle detalla o investimento de 8 M€ en rematar o treito A Pobra-Sarria centro da autovía Nadela-Sarria, que acada o 60% de execución e estará en servizo en outono de 2022, e para iniciar a redacción do proxecto do treito restante