Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita por máis de 2,4 M€ o contrato para a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade contrata este servizo unha vez rematada a concesión da xestión destas terminais
Ethel Vázquez destaca que a Xunta ten despregados 390 profesionais e dispostas máis de 5.200 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante a climatoloxía adversa
Sinala que son 26 os centros que están operativos e 190 máquinas mobilizadas para garantir a seguridade e a mobilidade nos máis de 5.500 km de vías autonómicas, con especial atención aos 1.000 km que por altitude son máis susceptibles de neve ou xeo
Catro empresas presentan as súas ofertas para a mellora do saneamento dos núcleos do Sifón e San Vicenzo, en Avión, licitada por máis de 166.000 euros
O obxectivo da actuación é conectar estes núcleos de poboación coa depuradora municipal, xa que na actualidade contan con redes de saneamento que conflúen en fosas sépticas cuxo funcionamento é deficiente
A Xunta marca o obxectivo de duplicar o transporte de mercadorías por ferrocarril no ano 2030 grazas á incorporación de Galicia ao Corredor Atlántico
Ethel Vázquez sinala como meta impulsar o transporte de mercadorías entre Galicia e o resto de España, Portugal e o conxunto da UE para transportar 3 M Tn máis cada ano por ferrocarril e evitar así a emisión de 150.000 Tn de CO2
A Xunta licita por 1,9 M€ un sistema para optimizar o consumo enerxético e garantir a calidade da auga vertida nas depuradoras
O sistema analizará datos en tempo real para facilitar a toma de decisións na xestión das depuradoras e implantará os principios da economía circular no ciclo da auga
Ethel Vázquez anuncia o inicio da información pública da 2ª fase das obras de acondicionamento da LU-231, que completará un investimento de 6,5 M€ na mellora integral da estrada entre Friol e A Baiuca
Adianta que o obxectivo é ter o proxecto aprobado a mediados de 2022 para iniciar entón as expropiacións das 235 parcelas afectadas pola obra
A Xunta iniciará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas das provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense
Actuarase na estrada AC-552, no municipio coruñés de Vimianzo; nas vías de Lugo, LU-111 en Rábade, e LU-160 ao seu paso por Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro; e na estrada ourensá OU-138, en Xunqueira de Espadanedo
A Xunta presenta aos presidentes e operadores portuarios a estratexia de infraestruturas loxísticas prioritarias para Galicia no Corredor Atlántico
Os presidentes das autoridades portuarias de Vigo, A Coruña e Ferrol participarán no encontro, que presentará a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez
A Xunta destaca o deber do Goberno de España de revisar os seus acordos con Audasa ante os ditames que alertan dos excesivos beneficios da concesionaria e cuestionan os incrementos das peaxes
O Goberno galego agarda que o Ministerio de Transportes tome medidas tras remitirlle o informe da Comisión Galega da Competencia que considera “excesivas” as compensacións á concesionaria polas obras de ampliación da AP-9 e sinala como posibles “axudas de Estado”
A Xunta aproba o proxecto de construción da 1ª fase de acondicionamento da estrada OU-402 en Ribadavia e na Arnoia, que suporá un investimento de 715.000 €
A actuación céntrase no tramo comprendido entre o cruce da vía provincial OU-0305, no acceso a Ribadavia, e a entrada á Arnoia