Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia o período de consulta pública do Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, que incorpora a visión cero vítimas nas estradas
Poderanse trasladar achegas a este documento ata o 22 de decembro
A Xunta destina 134.000 euros ás obras de reforzo do firme da estrada LU-933 na Pobra de Brollón
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de actuar en 2,3 quilómetros para completar a renovación do pavimento entre este municipio e o casco urbano de Monforte, que xa estaba parcialmente executado
A Xunta convoca as probas para obter o certificado de aptitude profesional para o exercicio de condutor de transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará un total de 6 convocatorias de exames de distintas categorías, aproximadamente unha cada dous meses
A Xunta continuará este xoves os traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias
Proseguirán os labores en execución nas vías da provincia da Coruña: AC-840, en Oza-Cesuras, VG-1.4, ao seu paso polo municipio de Fisterra, e na autovía AG-64, en Narón
13 empresas presentan as súas ofertas para dotar de saneamento o núcleo de Reboredo, no concello de Campo Lameiro, cun investimento de preto de 363.000 €
Os traballos, que contan cun prazo de 4 meses, permitirán levar as augas residuais urbanas desta poboación á depuradora existente na Laxe para o seu tratamento
A Xunta e o Porto de Vigo colaborarán na integración urbana do borde litoral da cidade completando o itinerario peonil e ciclista entre Bouzas e Guixar cun investimento de 5 M€
Vázquez Mourelle destaca que a Xunta achegará o financiamento maioritario, 3,5 M€, para desenvolver as obras de humanización e de mobilidade sostible nos treitos da avenida de Beiramar e no Berbés
A Xunta publica no DOG a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Salvaterra de Miño de 4 estradas autonómicas e de 4 treitos antigos
Transfírense as estradas PO-420 (Taboexa-Vilacova), PO-430, que vai a Leirado, a PO-432 (Salvaterra-Río Miño) e a PO-433, que vai a Cabreira
Un total de 8 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora do saneamento na parroquia de Roimil, en Friol, cun investimento de 253.000 euros
Os traballos contan cun prazo de 6 meses e permitirán conectar á rede de saneamento e depuración os lugares do Campo da Feira, O Pazo, Currás e A Penagateira
Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora da depuradora de Comboa, en Soutomaior, cun investimento de 390.000 €
Os traballos, cun prazo de 4 meses, céntranse na modernización da planta de tratamento de augas residuais e na incorporación de sistemas de desodorización
A Xunta e o concello de Castrelo de Miño colaboran para implantar solucións inmediatas e estruturais no sistema de abastecemento de auga do municipio
O Concello e Augas de Galicia ultiman a concreción das medidas que deben activarse para garantir a calidade da auga a curto prazo