Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta celebrará o vindeiro venres un foro para abordar as oportunidades e os desafíos relacionados coa chegada do AVE a Ourense
O presidente da Xunta clausurará o encontro, no que participarán os ex ministros José Blanco e Ana Pastor, ademais dos presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, e do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal
A Xunta somete a información pública a 1ª fase do proxecto de humanización da PO-323 en Teis, no Concello de Vigo
A intervención suporá un investimento de preto de 1,7 M€ e define medidas de calmado de tráfico e de protección de peóns nesta vía de acceso á cidade e características moi urbanas
A Xunta recibe 12 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do saneamento en Ver e Boebre, en Pontedeume, cun investimento de case 958.000€
O fin é eliminar os vertidos destes núcleos, para o que se construirá unha estación de bombeo e unha rede de colectores en Ver e unha depuradora en Boebre
A Xunta activa o luns o reforzo das conexións de autobús entre a Coruña e Ferrol, que suporá 55 servizos directos máis á semana
Aumentarán 11 expedicións por autoestrada cada día de luns a venres, un incremento de máis do 35%, nas franxas horarias de primeira hora da mañá e da tarde
A Xunta aproba o proxecto de renovación do firme na autovía Santiago e Brión, a AG-56, e na variante das Galanas, que suporá un investimento de máis de 5,8 M€
Esta rehabilitación do firme comezará na primavera e o orzamento necesario será asumido pola concesionaria no marco do seu contrato
A Xunta recibe 8 ofertas para desenvolver o Plan de control de vertidos na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa nos vindeiros 2 anos, cun investimento de preto de 3 M€
Estas ofertas presentáronse a cada un dos 3 contratos, que se corresponden cos distintos ámbitos da Demarcación Galicia-Costa: norte, centro e sur
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción dunha senda peonil na estrada OU-402, no concello de Castrelo de Miño
O contrato, cun investimento de 18.000 euros, conta cun prazo de 5 meses
A Xunta adxudica a redacción do estudo de viabilidade da mellora do tránsito peonil e de vehículos entre as marxes do río Sil en Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras
O contrato, que suporá un investimento autonómico que rolda os 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 5 meses
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192, entre Carril e Bamio, en Vilagarcía de Arousa
O contrato, adxudicado por un importe de case 17.000 euros, conta con 5 meses de prazo para redactar o proxecto
A Xunta concede 177 axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos, cun investimento de máis de 906.000 €
As subvencións son de ata 4.000 € para os taxis de baixas emisións, 6.000 para vehículos de emisións cero e 10.000 para coches adaptados a persoas con mobilidade reducida