Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inviste case 200.000€ na mellora dos camiños rurais da parroquia de Couso en Coristanco
Gonzalo Trenor e Juan Carlos García supervisaron o avance nas obras que comezaron o ano pasado e remataran ao longo deste ano
A Xunta executa obras de mellora da seguridade na estrada AC-934, no treito coincidente co Camiño Norte, ao paso polo Concello de Sobrado
A actuación consiste na construción de dous tramos de senda de 1,5 metros de ancho pola marxe dereita da vía, entre os puntos quilométricos 19+120 e 20+630
A Xunta adxudica por máis de 456.000 € as obras de mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais do núcleo da Derrasa, no Pereiro de Aguiar
Esta intervención, cun prazo de execución de 4 meses, ten como fin renovar estas infraestruturas hidráulicas
A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a mellora da estación de bombeo de augas residuais de Mogor, en Marín
Os traballos, que suporán un investimento autonómico que supera os 92.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses
A Xunta adxudica por 356.000 euros as obras para completar e rematar a rede de saneamento na parroquia de Pereiras, no concello de Mos
Este contrato enmárcanse na colaboración entre a Xunta e o Concello para realizar as obras pendentes en toda a zona norte da parroquia e parte da zona sur
Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 1,7 M€ para garantir unha xestión profesional e innovadora da depuradora municipal da Pobra nos próximos dous anos empregando sistemas de intelixencia artificial
O novo contrato abrangue os traballos necesarios para o óptimo funcionamento da depuradora, que xera 3.000 toneladas ao ano de residuos, incluíndo a retirada de graxas e flotantes, esencial polos vertidos de carácter industrial
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do concello de Mugardos da estrada AC-132, que comunica A Gallada e O Seixo
Transfírense os 2,19 km desta vía que discorre na súa totalidade polo termo municipal, como paso previo para modificar o ancho das beirarrúas e dotar de accesibilidade o tránsito dos peóns
A Xunta impulsa a mellora de tres redes de abastecemento de augas veciñais en Cerdedo-Cotobade cunha achega de case 40.000€
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde Jorge Cubela supervisan a actuación realizada no lugar do Outeiro a cargo da Comunidade de Usuarios de San Xurxo de Sacos para garantir a salubridade da auga e reducir as perdas na subministración
Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 1,1 M€ no novo itinerario entre Carballo e Coristanco, que terá continuidade na senda de acceso ao centro comercial, que se licitará na primavera
Destaca o beneficio social desta senda, moi valorada e empregada polos veciños desde finais de decembro e que dá continuidade ás beirarrúas de Carballo ata as de Montecelo, en Coristanco
A Xunta aproba o expediente de información pública da mellora da estrada PO-234 entre Laxoso e o cruce de Portasouto, en Ponte Caldelas, que suporá un investimento de máis de 1M€
O obxectivo é o acondicionamento do tramo da vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 2+580 e 4+150