Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta impulsa un proxecto piloto de automatización de procesos aplicado á xestión tributaria
Consiste no emprego de ferramentas software para realizar de xeito automático aquelas tarefas que son máis repetitivas
A Xunta aproba o protocolo para garantir a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial de forma gradual e segura
Este protocolo comezará o 11 de maio coas actuacións preliminares, que se prolongarán durante unha semana e nas que se identificará o persoal con despacho, así como os espazos de traballo compartido nos que se cumpre a distancia de seguridade
Galicia traslada ao Goberno que non comparte os criterios de reparto dos fondos adicionais para o COVID-19 porque se afastan dos vixentes no sistema de financiamento
Nos 10.000 millóns para gasto sanitario, o Ministerio de Facenda trasladou que a poboación axustada só determinará o 28% do gasto, o que prexudica a comunidades con alta dispersión e avellentamento como Galicia
A Xunta amplía o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración autonómica
O prazo, que remataba onte, amplíase ata un mes e 18 días naturais despois de que conclúa o estado de alarma
Os ingresos tributarios da Comunidade Autónoma medraron un 1% en 2019 pese ao descenso no IVE polo impago do Goberno
Os ingresos tributarios da Administración autonómica situáronse en 6.076 millóns
Facenda proporá aos sindicatos reanudar no último trimestre do ano as probas selectivas das oposicións xa convocadas no eido da Administración Xeral
Trátase de achegar seguridade e garantir o bo desenvolvemento dos procesos
O comité de expertos económicos de Galicia propón unha vintena de medidas para conter os efectos da crise do coronavirus
As medidas afectan ao conxunto das administracións e teñen como obxectivo facilitar liquidez a través do adiamento de impostos, anticipos bancarios e un aumento dos créditos ás empresas
A poboación de Galicia medrou en 2019 ata os 2.700.269 habitantes, o primeiro incremento nos últimos dez anos
O INE publicou hoxe as cifras provisionais do padrón a 1 de xaneiro de 2020
Feijóo destaca a creación dun fondo de continxencia para reorientar gasto corrente e reforzar o gasto sanitario e social como consecuencia do COVID-19
Destaca que se trata dun fondo dotado con 100 M€
A Atriga rebaixa en 6 concellos os coeficientes que se usan na autoliquidación de impostos para compensar a revisión á alza dos seus relatorios catastrais
Os concellos son Camariñas, Laxe, Pontedeume, Sada, Sober e Vilamartín, mentres que no resto de concellos non hai ningunha variación