Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Ministerio de Facenda avanza que Galicia pechou o primeiro cuadrimestre sendo a comunidade autónoma co tempo de pago a provedores máis baixo de España
O informe oficial publicado hoxe indica que o período medio de pago en Galicia é de 13,8 días, menos da metade que a media autonómica (34,2 días)
A Axencia Tributaria de Galicia tramitou máis de 6.400 citas no primeiro mes de funcionamento do servizo de cita previa
A cita previa pode solicitarse a través da web da ATRIGA
O DOG publica a orde que amplía ao 2 de novembro a suspensión de prazos para presentar o imposto de transmisións patrimoniais, o de sucesións e os tributos do xogo
Esta orde derroga a orde publicada o pasado 27 de marzo, que establecía unha suspensión ata o 30 de xuño
O Banco de España volve situar a Galicia como a 3ª comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España
A ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 18,1%, seis puntos por debaixo da media autonómica (24,1%)
A Xunta inicia a tramitación do decreto para crear os rexistros de intermediarios de crédito inmobiliario e de prestamistas inmobiliarios
A creación destes rexistros é consecuencia da aplicación da normativa estatal
O DOG publica hoxe a resolución pola que se reanuda a realización de probas selectivas a partir do 1 de outubro
A data de celebración dos exercicios publicarase no DOG e na web da Dirección Xeral da Función Pública cunha antelación mínima dun mes
A Xunta solicita eliminar a taxa de reposición na Sanidade e nos Servizos Sociais para aumentar a estabilidade no emprego
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participou hoxe de xeito telemático na Conferencia sectorial de Administración Pública
O DOG publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos en diversos procesos selectivos de seguridade e saúde laboral
O sistema selectivo será o de concurso-oposición, e as relacións de persoas admitidas e excluídas pódense consultar no portal web corporativo da Xunta
O INE avanza que en 2019 Galicia gañou 1.803 residentes e entraron a residir na comunidade 17.542 persoas máis das que saíron, o maior saldo migratorio positivo da serie histórica
O INE publica hoxe a ‘Estatística de Migracións’ do ano 2019 e tamén as ‘Cifras de Poboación’, que indican que Galicia gañou 1.803 habitantes o pasado ano
Feijóo salienta que o Plan de reactivación e dinamización de Galicia estará dotado con 3.043 millóns para reactivar os sectores máis afectados pola pandemia e fortalecer a sanidade, os servizos sociais e o sistema educativo
Avanza que “en Galicia haberá vacacións fiscais ata o 1 de novembro deste ano 2020”, explicando que isto suporá beneficiar a máis de 32.000 familias e deixar de ingresar 35 millóns de euros cada mes