Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis rápido as súas facturas en outubro
O período medio de pago en Galicia foi de 17,31 días, fronte aos 33,17 da media autonómica
A Xunta prevé que os proxectos de investimento financiados co Fondo Consenso se concreten no primeiro trimestre do ano
O conselleiro de Facenda e Administración Pública subliñou que este fondo ofrece por 1ª vez soporte financeiro para os consensos que se acaden na Comisión de reactivación, cos axentes sociais e cos expertos económicos
Preto de 143.000 persoas beneficiáronse en Galicia das actuacións cofinanciadas polo FSE desde o inicio do programa operativo 2014-2020
O programa aprobou ata finais de 2019 un total de 146 operacións por importe de case 356 millóns de euros nos tres eixes de intervención
Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico
Os datos oficiais do Banco de España volven situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de España
Xunta e CIG asinan o acordo para implantar o novo réxime de teletraballo dos empregados públicos na Administración galega
Galicia é a primeira comunidade en adaptarse á normativa de reforma do teletraballo aprobada recentemente polo Goberno central
A Xunta reservará 24 prazas para persoas con discapacidade intelectual na Oferta de Emprego Público para 2020
Esta será a terceira promoción de empregados públicos da Administración Autonómica con discapacidade intelectual
A Xunta aproba as OEP para o ano 2020 da Administración Xeral e do Sergas que sumadas ás do eido educativo acadan as 7.601 prazas, a cifra máis alta dos últimos 12 anos
Feijóo salienta que a oferta de emprego público da Administración Xeral ascende a 2.962 prazas e a do Servizo Galego de Saúde a 985 prazas
A Xunta de Galicia propón aos sindicatos incluír na oferta de emprego público para 2020 máis de 2.500 prazas de acceso libre
O maior número de prazas concéntrase na escala de axentes técnicos facultativos con 539 prazas na especialidade de xardín de infancia; e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais con 484 prazas, das que 476 son para a especialidade de persoal de limpeza e cociña
A Lei de reactivación económica de Galicia suporá unha simplificación administrativa e facilitará a implantación das iniciativas empresariais na Comunidade
Feijóo incide en que “será un texto absolutamente innovador na lexislación galega”
A Xunta reanudará os exames de oposicións a partir do mes de febreiro
O conselleiro de Facenda e Administración Pública presentou hoxe na Comisión 3ª o proxecto de Lei de Orzamentos para 2021 e as contas da súa consellería