Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adopta novas medidas para facilitar os despregamentos de internet no rural
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución para facilitar aos concellos a interpretación da lei do Solo e a lei xeral de Telecomunicacións
A Xunta propón aos sindicatos incluír na Oferta de Emprego Público para 2022 máis de 700 prazas de acceso libre
A estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias
A selección de dous proxectos sobre intelixencia artificial no programa Retech reafirma o liderado de Galicia nesta tecnoloxía
A creación dun xemelgo dixital de Galicia e a iniciativa Civil UAVs de aeronaves non tripuladas, promovidas pola Xunta, atópanse entre as seleccionadas polo Estado para recibir financiamento no marco do Plan Recuperación
Galicia reduciu en máis de 320 M€ a súa débeda no 3º trimestre e sitúase como a 3º comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante
Cada galego debe hoxe 2.365 € menos que a media autonómica
A Xunta pon en marcha o Marco Galego de Competencias Dixitais coa Xornada Inaugural do plan de capacitación para o persoal formador na EGAP e na rede CeMIT
A Axencia para a Modernización de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública inauguran con este acto a capacitación dos primeiros formadores e formadoras do Marco galego de competencias dixitais
A Xunta destaca a implicación de toda Galicia e o traballo coordinado do nodo como claves para a designación da Coruña para acoller a AESIA
A presenza da sede en Galicia reforzará os obxectivos da Estratexia Galicia Dixital 2030 de atraer infraestruturas e entidades de referencia, así como de reter e atraer talento dixital
A Xunta destaca que os orzamentos de 2023 priorizan o apoio e protección das familias e a dinamización da economía
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, explicou hoxe no Parlamento galego que as contas do ano que vén inclúen cinco liñas de actuación para favorecer o impulso que Galicia necesita neste momento
O novo Estatuto do persoal investigador permitirá que 19 centros públicos reforcen os seus equipos e capacidades en sectores estratéxicos para Galicia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, presidiu a Comisión Interdepartamental de I+D+i, á que tamén asistiron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana