Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Aberta a convocatoria da Xunta para que os centros soliciten impartir o bacharelato de dobre titulación español-francés Bachibac
Esta titulación outorgaralle aos alumnos que a obteñan o dereito a acceder ao ensino superior español e francés
Román Rodríguez fai un chamamento para redescubrir un dos autores máis brillantes da nosa historia co novo Festival de Teatro Valle-Inclán
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na presentación deste encontro que se celebrará por primeira vez este verán en Vilanova de Arousa
Valentín García agradece aos recoñecidos cos Premios Lois Peña o seu compromiso coa cultura e a lingua galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega da XXVI edición destes premios ao músico Rodrigo Romaní, a bióloga María Luisa Castro e colectivo Nova Escola Galega
A Xunta inaugura en Vigo a exposición de rúa coa que celebra o centenario de María Casares
A Xunta sitúa Galicia como Polo Europeo de creación audiovisual a través do proxecto ‘European Writers Club’
O director da Axencia galega de Industrias Culturais interveu hoxe na presentación da iniciativa no mercado profesional Série Series, que se celebra na localidade francesa de Fontainebleau
Galicia oficializará en xullo a petición ao Goberno central dun PERTE cultural que recoñeza o peso do sector na economía
O Consello da Xunta informa sobre a vintena de propostas para optar aos fondos europeos que se van enviar a Madrid: “A cultura non pode quedar á marxe da grande oportunidade que supoñen os fondos europeos”, di o titular do Goberno galego
Gabriel Alén salienta a colaboración entre Xunta e Estado na educación vial dos escolares da provincia
O delegado territorial explicou que esta actividade encadrase no programa ‘Convivir, Respectar e Compartir’, orientada a dar a coñecer aos nenos e nenas os aspectos básicos da seguridade vial e compartir experiencias e medios con membros da Garda Civil de Tráfico, Policías Locais e Servizos de Emerxencias
A Xunta remata a substitución de carpintarías no CEIP Pintor Antonio Fernández e impulsa a mellora da eficiencia enerxética no CEIP Pedro Caselles
O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anunciou a actuación no colexio do barrio de Mosteiro durante a visita de supervisión ás obras que acaban de finalizar no centro educativo de Goián
Fernández-Tapias presenta o Festival Latitudes: Iggy Pop, Two Door Cinema Club, Mando Diao e The Vaccines
A delegada territorial de Xunta en Vigo presentou o esperado cartel do Festival Latitudes que se celebrará os vindeiros 19 e o 20 de agosto no peirao de Transatlánticos
Un concerto na catedral abrirá a exposición ‘Chacona. A canción de Santiago’ que vincula o fenómeno xacobeo con esta danza e forma de expresión musical
Será o xoves 7 de xullo a cargo da agrupación Resonet, coa colaboración da Escolanía da Catedral de Santiago e o obradoiro de música tradicional Ultreia