Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Xunta e Universidade de Vigo van seguir impulsando as súas liñas de colaboración no Campus de Pontevedra
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, mantivo unha reunión de traballo esta mañá na Casa das Campás co reitor, Manuel Reigosa, e a nova vicerreitora do Campus pontevedrés, Eva María Lantarón
Román Rodríguez anuncia un investimento de 1,3 M€ para a construción en Lalín dun equipo de produción térmica con biomasa
A nova instalación será licitada nos vindeiros meses e dará cobertura a catro edificios públicos: o instituto Ramón María Aller Ulloa, o colexio Xesús Golmar, o Auditorio Municipal e á escola infantil Galiña Azul Lalín-Pontiñas
Anxo M. Lorenzo salienta que os 19 proxectos aspirantes ao PERTE cultural deseñados por Xunta e sector avalan o seu peso na economía
“Un PERTE para a cultura é imprescindible para acompañar a transformación dixital, reforzar a creación e internacionalizar o sector”, expresa
O Salón Teatro recibe ‘Tartufo’, coprodución do Centro Dramático Galego con compañías públicas e centros de ensino de Portugal, Francia e Galicia
O responsable de Industrias Culturais da Xunta visitou esta mañá o equipo artístico deste espectáculo internacional que nace ao abeiro do Proxecto NÓS/NOUS no marco do programa europeo Erasmus+K2
A Xunta impulsará a finca de Lourizán e a escola de cantería de Poio tras a cesión por parte da deputación de Pontevedra
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, asinaron hoxe o protocolo xeral para a transmisión da titularidade de ambos centros
Rueda sitúa os campus universitarios de especialización como referentes na docencia, na investigación e no tecido de sinerxías cos sectores produtivos galegos
Anuncia que o Consello da Xunta ten previsto aprobar unha inversión de 4M€ no Campus Terra de Lugo, que se suma aos 8,7M€ destinados a este campus de especialización desde a súa creación no ano 2013
O festival peregrinos musicais arranca a próxima semana en Santiago co apoio da Xunta e o impulso dunha decena de novos talentos da música clásica
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a nova edición do certame que por primeira vez contará con todos os seus concertos de balde
A Xunta destina case 520.000€ á mellora da cuberta da da biblioteca do CIFP Universidade Laboral de Culleredo
Trenor visitou o centro, no que tamén se levará a cabo a renovación do sistema de iluminación e pintado de paredes e recuperación do mobiliario existentes desta parte do centro