Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Carmen Pomar pide aos reitores das tres universidades galegas homoxeneidade nos criterios, fórmulas e calendario de avaliación
A conselleira valorou positivamente o labor realizado nas ultimas semanas polas tres universidades e o seu profesorado para adaptarse á nova situación xerada polo Covid-19
A Xunta esíxelle ao Ministerio de Universidades que aclare a súa política de bolsas para que ningún alumno se vexa prexudicado
A perda de recursos por mor da crise do Covid-19 implica unha remodelación dos requirimentos para acceder a estas axudas
Galicia lamenta a indefinición do Ministerio de Educación para establecer as condicións de promoción e titulación
Coincide co Ministerio na necesidade de flexibilizar os requisitos de avaliación, pero esixe un marco normativo que garanta a igualdade entre os territorios
Educación comezará a aboar o martes as axudas de comedor escolar para o período no que estean suspendidas as clases presenciais
Beneficiaranse un total de 30.159 alumnas e alumnos que teñen bolsa de comedor gratuíta ou semigratuíta que pagan 1 euro ao dia
As tres universidades galegas consensúan coa Consellería non retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020
A decisión tomouse tras confirmar o Goberno central que o Estado de Alarma se vai prorrogar ata o 26 de abril e que aínda podería alongarse máis
A plataforma de formación a distancia do IES San Clemente (Santiago de Compostela) xa está a disposición dos centros que imparten ensinanzas para persoas adultas
A medida beneficiará a 80 centros e a arredor de 10.000 estudantes
A Consellería de Educación apraza as probas de acceso a ciclos de FP de grao superior
Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario
Galicia demanda unha maior participación das CCAA nas decisións de política universitaria
A conselleira apelou á lealdade institucional e o respecto ás competencias dos gobernos autonómicos
A Xunta comeza a distribuír os ordenadores e conexións a Internet para familias con menos recursos a través dos centros educativos
A medida está dirixida a alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional e as familias recibirán os equipos a través dos seus centros de ensino