Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Xunta e concellos colaborarán para a mellora da conectividade e a dotación de recursos tecnolóxicos no eido educativo
Á proposta da Consellería de Educación e no marco da xuntanza da CECOP, chegouse a un principio de acordo a través do cal a Administración Autonómica atenderá con prioridade ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP; mentres que as administracións locais centraranse no alumnado de Infantil e Primaria
Carmen Pomar e os reitores das universidades galegas reúnense con Manuel Castells
O ministro de Universidades interesouse polas medidas tomadas en Galicia para o desenvolvemento do curso tras a declaración do Estado de Alarma e felicitou aos implicados pola súa coordinación
A Xunta inicia o reparto doutros 1.750 equipos con conexión gratuíta á rede para facilitar o seguimento da actividade educativa das familias con menos recursos
Con este novo lote, elévase a 2.750 o número total de kits de equipamento dixital, compostos por un terminal, router e liña de datos de balde
A Consellería de Educación maniféstalle ao Ministerio o seu desacordo coa Orde publicada hoxe no BOE
O Goberno central recoñece que ten a competencia exclusiva para regular as condicións de obtención dos títulos pero deixa a criterio dos docentes esta decisión, o que pode xerar diferenzas entre Comunidades Autónomas
Carmen Pomar transmítelles a anpas e sindicatos as medidas tomadas para minimizar o impacto da crise do COVID-19 no sistema educativo galego
Informounos da necesidade dunha normativa estatal para concretar as instrucións correspondentes ao terceiro trimestre
Educación flexibiliza as condicións da formación práctica en empresas para o alumnado de FP, que se viu afectada pola declaración do estado de alarma
A Consellería vén de publicar a Resolución coas medidas adoptadas para o desenvolvemento dos módulos FCT, co obxectivo de darlle máis facilidades ao alumnado dos ciclos formativos
O Premio dos Clubs de Lectura 2020 da Consellería de Educación é para a autora Andrea Maceiras
Foi a autora máis lida neste grupos durante o curso 2018/2019, conforme ás bases do premio
Educación apraza as oposicións docentes para 2021 e blinda as prazas ofertadas
Esgotado o prazo para iniciar o proceso administrativo coa nova prórroga do Estado de Alarma e ante a falta de información sobre a desescalada por parte do Goberno central, a Consellería decide adiar ao vindeiro ano as probas previstas para este verán