Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A cuarta edición de Apaixónate, para fomentar a motivación, o talento e o emprendedurismo nas aulas, arranca hoxe en modalidade en liña
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, participou a través dun relatorio virtual no que subliñou que a paixón e a vocación dos docentes é chave para espertar a curiosidade por saber e coñecer dos alumnos
O alumnado galego dos segundos cursos de bacharelato e de ciclos medio e superior de FP poderá volver ás aulas a partir do 25 de maio
Tras a demanda de varias CCAA, a ministra Isabel Celaá comprometeuse a enviar dous documentos de recomendacións sanitarias para a reapertura parcial dos centros educativos e o desenvolvemento das probas ABAU
A Consellería de Educación constitúe un Comité de Expertos para o Coidado do Benestar da Comunidade Educativa
Ante a situación excepcional que estamos a vivir, elaborará unha estratexia que atenda a estabilidade emocional para o vindeiro curso
Educación reabre mañá luns, día 11, o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21
As familias interesadas que non tiveran formalizado os trámites, suspendidos pola declaración do estado de alarma, dispoñen de prazo ata o día 18 de maio para facelo
A Delegación da Xunta reparte 1934 ordenadores aos centros escolares da área de Vigo entre as familias que así o solicitaron
A delegada territorial, Corina Porro, e o xefe provincial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional entregaron esta semana 50 novos equipos
A Xunta incrementa as axudas para a compra de libros e flexibiliza os límites de renda para acceder ao fondo solidario e aos vales de libros e material para o vindeiro curso 2020-21
Feijóo afirma que a Xunta habilitará unha partida de preto de 20 millóns de euros, o que supón un incremento de case o 63% con respecto aos 12,1 millóns do presente curso
O Ministerio de Universidades propón como prezo máximo da primeira matrícula de grao o do curso 2011/2012, que Galicia xa leva aplicando nove anos
A conselleira recordoulle ao ministro que Galicia ten os prezos públicos conxelados precisamente desde ese curso académico, dado que a Xunta decidiu facer un esforzo a prol das familias do alumnado
A Consellería de Educación creará unha comisión interdisciplinar para preparar o próximo curso universitario
O obxectivo é crear por primeira vez no sistema universitario galego e español centros con certificado sanitario e con docencia mixta que sexan referentes de calidade en todo o Estado e que estean preparados ante situacións como a crise do Covid-19
A oferta do sistema universitario galego para o curso 2020/21 incorpora 3 novos títulos de grao e os 3 primeiros graos abertos
A Consellería de Educación acaba de enviarlle ao Ministerio de Universidades a proposta de prazas para o curso que vén, que foi consensuada coas tres universidades galegas
Educación licita por case 900.000 € a rehabilitación integral do CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros)
O obxectivo é comezar as obras durante o verán