Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

21/09/20 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Centro Gaiás comeza a recibir as 300 pezas da gran exposición coa que a Xunta homenaxeará o legado da Xeración Nós

Entre as obras que se atopan xa na Cidade da Cultura para a mostra ‘Galicia, de Nós a nós’ está a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán que pertenceu a Ramón Otero Pedrayo, conservada no Pazo de Trasalba

20/09/20 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo constitúese este luns con 35 membros como máximo órgano asesor da Xunta no eido docente ante a covid-19

Traballará de xeito coordinado co Comité Clínico e centrará a súa actividade, exclusivamente, nos aspectos relativos á adaptación do sistema educativo á situación de pandemia

20/09/20 | 10:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 250 xestores culturais participan no plan de formación en transformación dixital tras triplicar o seu número de prazas

A boa acollida da iniciativa, impulsada pola Xunta e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, obrigou a incrementar a oferta inicial

19/09/20 | 16:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura reflexiona sobre o presente e futuro da vangarda artística e cultural no WOS Talks x Fest Galicia

O Gaiás acolle hoxe a única actividade que o WOS Festival leva a cabo este ano, que se desenvolve en formato híbrido presencial e en liña, e como un dos 13 eventos que integran a marca da Xunta FEST Galicia

19/09/20 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha a plataforma Educovid para facilitar e axilizar a xestión de casos vinculados a centros educativos

Conecta telematicamente a Central de Seguimento de Contactos cos colexios, informando de positivos aos equipos covid dos centros e da activación do protocolo sanitario

19/09/20 | 13:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo refírese ao Cineclube Padre Feijoo como "un dos grandes referentes culturais de Ourense"

O secretario xeral de Cultura da Xunta, participou hoxe na homenaxe a cineclubistas e amigos do Cineclube no marco do 50 aniversario desta asociación

19/09/20 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia ‘FalaRedes’ retoma a súa actividade da man dos Bolechas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao espectáculo participativo dos famosos monicreques que acolleu o Museo do Mar de Galicia

18/09/20 | 19:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/09/20 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival Maré relánzase en Santiago cun novo formato de concertos e foros patrocinado pola Xunta a través de FEST Galicia

O evento, que se traslada á capital de Galicia despois de 15 anos de traxectoria en Pontevedra como ‘Cantos na Maré’, terá lugar do 24 ao 26 de setembro no Hotel NH Collection

18/09/20 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os distintos espazos do CGAC transfórmanse para homenaxear a traxectoria de La Ribot coa inauguración de ‘Manual de uso’

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, presentou este proxecto que conecta a arquitectura de Siza co traballo da coreógrafa, bailarina e artista visual