Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

24/09/20 | 16:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta blinda as axudas ás anpas que xestionan comedores escolares para facilitar que continúen co servizo

Educación publica a resolución das subvencións do curso pasado e conserva íntegro o importe de 553.000 euros, incluídos os meses nos que non se prestou o servizo pola suspensión das clases

24/09/20 | 15:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta demanda ao Estado fondos para garantir a seguridade sanitaria e a calidade educativa ao longo de todo o curso escolar

O conselleiro demandou un sistema de datos comparados entre as comunidades autónomas, así como maior coordinación en aspectos comúns

24/09/20 | 15:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta reforza a actividade educativa cun plan de educación non presencial e semipresencial que permitirá aos alumnos contar con 55.000 dispositivos dixitais

“Estamos a falar dun plan para afrontar coas máximas garantías o curso e estar preparados para calquera situación que obrigue a suspender a educación presencial”, subliña

24/09/20 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta dá un paso máis no calendario lexislativo coa aprobación de tres novas leis en materia de acción exterior, residuos e museos

Feijóo sinala que a Lei de acción exterior persigue a diversificación dos mercados exteriores e favorecer o retorno dos emigrantes e os seus descendentes

24/09/20 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Arquivo de Galicia celebra o seu décimo aniversario coa exposición ‘Memoria dunha década’

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe esta mostra que fai un percorrido polo traballo desta entidade desde a súa creación

24/09/20 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a 17ª edición do Festival Curtocircuíto, que por vez primeira combinará actividades presenciais e en liña

O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa e destacou a axuda que se lle presta ao evento a través da adaptación das subvencións a festivais audiovisuais para minimizar os efectos da pandemia

24/09/20 | 12:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ensalle estrea en Vigo o proxecto docu-escénico 'Outras miradas' en coprodución co Centro Dramático Galego

O espectáculo poderase ver desde mañá e ata o 27 de setembro ás 21,00 h. no escenario da rúa Chile

23/09/20 | 17:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 93.000 estudantes de ESO, Bacharelato e FP comezaron hoxe o curso en Galicia con normalidade

O resto do estudantado, ata completar os arredor de 206.000 alumnos, iranse incorporando de xeito progresivo ás aulas entre mañá e pasado

23/09/20 | 16:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a xornada ‘Coruña Dixital Lab’ na que compañías e axentes galegos do ámbito da creación dixital abordarán os novos modelos de negocio

Organizada por ‘Mundos Digitales’, desenvolverase mañá xoves na sede de Afundación, na Coruña, a partir das 19.00 h.

23/09/20 | 16:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o seu compromiso co sector do libro galego na presentación de 'Volta ao libro'

A iniciativa inclúe o percorrido de nove ciclistas polas sete cidades galegas co obxectivo de impulsar a dinamizar a actividade en 70 librarías