Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

29/09/20 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Teatro do Atlántico celebra o seu 35º aniversario coa reposición no Salón Teatro de catro dos seus últimos espectáculos

A compañía de Xúlio Lago e María Barcala porá en escena entre o xoves 1 e o sábado 3 de outubro ‘Helena: xuízo a unha lurpia’; ‘A conquista da escola de Madhubai’ e ‘Dúas donas que bailan’

29/09/20 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica o epistolario de Florentino López Cuevillas no marco do centenario da Xeración Nós

A obra, presentada hoxe polo secretario xeral de Cultura, recolle a correspondencia do integrante da Xeración Nós entre o ano 1925 e 1958

29/09/20 | 12:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 120.000 euros a axudas para que as persoas desempregadas cursen másters oficiais

O obxectivo é mellorar as perspectivas de incorporación destas persoas ao mercado de traballo

28/09/20 | 20:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Farruco’ recolle semblanzas de santiagueses singulares no seu libro ‘Eles e mais eu. Compostelaneando’

O secretario xeral de Política Lingüística acompañou hoxe ao actor e humorista compostelán no acto de presentación da obra, que se celebrou na praza do Toural

28/09/20 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica por preto de 200.000 euros as obras de restauración da igrexa de San Martiño de Lousada en Samos

As actuacións terán un prazo de execución de seis meses e permitirán resolver as patoloxías existentes, mellorar a accesibilidade e recuperar o templo para usos culturais

28/09/20 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita a segunda fase da restauración do reloxo mecánico do S.XVIII e do campanario do mosteiro de San Clodio

A actuación inclúe a desmontaxe e restauración das campás e da estrutura así como a iluminación da cámara do reloxo con focos led, entre outras actuación

28/09/20 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora con Agatec para a capacitación profesional a través do Plan formativo para persoal das industrias culturais

A inscrición é gratuíta e xa está aberta para os tres cursos convocados: electricidade para a montaxe de eventos, ‘rigging’ e estruturas escénicas, e vídeo e pantallas multimedia

28/09/20 | 13:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía o Programa de reforzo educativo con 400 novos profesores para que ningún alumno quede atrás

Así llo trasladou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, aos representantes das anpas, en reunión por videoconferencia para dar conta do inicio de curso e poñer en común as accións de futuro

27/09/20 | 11:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta patrocina a gran jam session de catro horas coa que Lugo conmemora o 30º aniversario do seu Festival de Jazz

O evento ten lugar hoxe, desde as 13,00 h na escalinata do Pazo Episcopal da capital lucense e preséntase como a maior cita deste tipo celebrada en España

27/09/20 | 09:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación abre o prazo para a participación dos centros nos programas club de ciencia e introdución á robótica en primaria

Trátase de dous programas enmarcados na Estratexia galega para a Educación Dixital (Edudixital 2020) co que se busca estimular o espírito científico do alumnado e impulsar as vocacións STEM