Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

01/10/20 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca unha achega total de máis de 26 millóns de euros para facer fronte ás necesidades de seguridade e hixiene derivadas da covid-19 nos centros educativos e nas universidades

Salienta a creación da Reserva de Garantía Educativa, para a dotación e adquisición de material vencellado á prevención do risco sanitario, como máscaras hixiénicas para o alumnado máis vulnerable e máscaras cirúrxicas para eventualidades

01/10/20 | 11:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Paula Cons recibe o Premio Xacobeo do Festival OUFF polo filme 'A illa das mentiras'

O secretario xeral de Cultura da Xunta participou hoxe na presentación deste galardón que recoñece a mellor produción galega do festival con 12.000 euros

01/10/20 | 11:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 120.000 euros en subvencións para promover o talento musical galego a través da produción fonográfica

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria desta liña de axudas para contribuír á realización de 20 proxectos de edición discográfica ou videográfica

30/09/20 | 20:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Mar amosa a dimensión artística da vida e a obra de Man de Camelle na mostra 'Museo (do ermitán) Man'

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou a exposición na que se recolle a creación artística do alemán entre os anos 1969 e 1978

30/09/20 | 17:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellorará e aumentará o espazo de almacenaxe e depósito da Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Vense de licitar por 60.000 euros a subministración e instalación de armarios móbiles cos que se mellorarán as condicións de conservación dos fondos

30/09/20 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Berta Dávila revalida o Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra 'Illa decepción'

O galardón, dotado con 12.000 euros e a publicación da obra por Galaxia, está convocado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a Fundación Repsol

30/09/20 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A escavación impulsada pola Xunta en Proendos saca á luz os primeiros restos arqueolóxicos deste xacemento da Ribeira Sacra

O Goberno galego realiza esta intervención co obxectivo de descubrir restos dunha vila romana na contorna da igrexa parroquial do concello lucense de Sober

30/09/20 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
30/09/20 | 10:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAI e Filmoteca Española colaboran na recuperación e difusión da versión orixinal a cor de ‘Pontevedra, cuna de Colón’, primeira película polícroma española

A restauración será estreada mañá no madrileño Cine Doré e o 27 de outubro, Día Mundial do Patrimonio Audiovisual, na sala de proxeccións da filmoteca galega na Coruña

29/09/20 | 15:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Mercedes Peón leva a Oroso 'Déixaas' dentro da programación do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe esta iniciativa que terá lugar o vindeiro domingo no parque do paseo do Carboeiro