Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

11/10/20 | 12:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellora as instalacións e locais culturais de preto de 40 concellos cun investimento de medio millón de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da convocatoria desta liña de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

10/10/20 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta cos creadores e artistas na entrega do XI Premio de Gravado Atlante

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o alcalde de Ribeira presidiron a entrega destes galardóns concedidos pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital a Germán Aparicio, Carmen Isasi e Marco Poma

10/10/20 | 11:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia concede axudas por un importe total de preto de 74.000 euros a un total de 32 ANPAs de educación especial

O obxectivo é contribuír a sufragar a realización de actividades, así como gastos de adquisición de material ou mantemento de instalacións, entre outros

09/10/20 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A escavación arqueolóxica impulsada pola Xunta de Galicia en Proendos saca á luz restos romanos do século I ao V

Román Rodríguez celebra estes novos achados na Ribeira Sacra que afondan no seu valor excepcional na recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade

09/10/20 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo traballará nun plan específico para o caso hipotético de corentenas de longa duración

Román Rodríguez explicou que o obxectivo é actuar con antelación e adiantarse a posibles escenarios que, en todo caso, non se contemplan neste momento

08/10/20 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o V Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que homenaxea ós profesionais da saúde e dos servizos sociais

O encontro é un dos adxudicatarios das subvencións a festivais audiovisuais convocadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais

08/10/20 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aposta por estreitar lazos con Portugal na II edición do proxecto 'Nortear Ilustrado' na Illa de San Simón

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deulle a benvida aos participantes desta residencia artística

08/10/20 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura festexará os seus 'Magostos no Gaiás' coa música das formacións galegas Luar na Lubre, Sumrrá e Milladoiro

Os tres celebraranse os sábados 24 e 31 de outubro e 14 de novembro ás 20,00 horas no Museo Centro Gaiás

07/10/20 | 18:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta agradece á Federación de Librarías o compromiso coa Feira do Libro de Ourense que arranca hoxe de xeito virtual

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración telemática tras ser cancelada a convocatoria presencial pola situación sanitaria

07/10/20 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta rende homenaxe a Concepción Arenal no seu bicentenario cunha mostra que reúne algunha das súas primeiras composicións

Anxo M. Lorenzo puxo de manifesto a importancia de promover con esta iniciativa a “inmensa produción intelectual” da autora e divulgar así o seu legado