Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

23/10/20 | 14:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura ofrece un obradoiro de pandeireta, impartido por Xabier Díaz dentro dos ‘Magostos no Gaiás’

O taller dividirase en dúas quendas de 15 persoas cada unha, que se impartirá de balde o sábado 7 de novembro no Museo Centro Gaiás

22/10/20 | 21:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A obra Don Ricardo de Fingoi dá conta do legado intelectual e persoal de Carvalho Calero en Lugo

O secretario xeral de Política Lingüística e o delegado territorial da Xunta participaron na presentación do libro que complementa a exposición itinerante e o web homónimos, impulsados polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

22/10/20 | 19:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará axudas directas de ata 20.000 euros para sufragar o alugueiro dos locais de ocio nocturno pechados polas restricións da covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha reunión con representantes do sector aos que lle presentou as condicións das axudas, que contan cun orzamento de 2,2 M€

22/10/20 | 19:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura en Ferrol a exposición ‘Carvalho Calero. A voz presente’ no marco da celebración do Día das Letras 2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participaron no acto do Centro Torrente Ballester

22/10/20 | 18:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste preto de 350.000 euros na restauración do convento-igrexa de San Francisco de Betanzos

A directora xeral de Patrimonio Cultural e o delegado da Xunta na Coruña visitaron hoxe o templo para comprobar o avance das obras

22/10/20 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o curso de formación específica para poder exercer o posto de dirección dun centro educativo

Para desempeñar esta función, desde hai dous anos é requisito obrigado contar cunha acreditación específica que se obtén a través deste módulo formativo

22/10/20 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Salón Teatro acolle tres espectáculos de cine ao vivo e teatro visual do colectivo multidisciplinar Cinema Sticado

A sede do Centro Dramático Galego recibe a compañía desde mañá venres e ata o domingo cunha ocupación máxima do patio butacas limitada a 30 persoas

21/10/20 | 20:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo reciben o Premio Otero Pedrayo 2020 en homenaxe á Xeración Nós

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participaron hoxe na xuntanza do xurado

21/10/20 | 19:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo participa no Festival Kerouac de poesía de Vigo, que cumpre dez anos co apoio da Xunta de Galicia

O encontro, que se celebra na cidade desde hoxe e ata o domingo, intensifica este ano a súa programación na web e en redes sociais

21/10/20 | 19:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 impulsa dúas novas iniciativas para promover a lingua galega e gastronomía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe ‘Un mantel de contos’, que combina e pon en valor tradición oral e gastronomía da man dos lalinenses Celso Sanmartín e Diego López ‘Moli’