Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

06/11/20 | 19:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luisa Piñeiro asiste en Pontevedra ao obradoiro inaugural do Mes da Ciencia en Galego impulsado pola Consellería de Cultura

A iniciativa creativa 'Precine', a cargo de Raquel Queizás, abre a programación, que se estenderá durante todo este mes con outros catro eventos infantís e unha exposición

06/11/20 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a Galicia actual ten unha débeda impagable coa visión innovadora da nosa cultura, co talento creativo e co emprendemento tenaz de Díaz Pardo

“Conforma un legado do que todos somos herdeiros; a súa obra é un lugar onde atoparnos”, di, do pintor, deseñador, ceramista, escritor, empresario e editor

06/11/20 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As comisións provinciais de seguimento avaliarán as situacións individuais de absentismo no contexto covid e os seus ditames serán vinculantes

Encargaranse de realizar un seguimento específico caso a caso con fin de ofrecer unha resposta educativa integral sempre primando o interese do menor e a protección do dereito á educación

05/11/20 | 18:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reafirma o compromiso da Xunta coas artes plásticas cun investimento que supera os 600.000 euros

O Goberno autonómico realiza unha compra extraordinaria de obra artística para os fondos do CGAC converténdose na única institución pública que promove unha acción destas características en apoio a artistas e galerías

05/11/20 | 13:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para a creación de clubs de lectura nas bibliotecas dos centros educativos

O curso pasado participaron nesta iniciativa un total de 247 centros de toda Galicia

04/11/20 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que 15 científicos de prestixio internacional se unirán ás universidades galegas nas vindeiras semanas

A Xunta de Galicia vén de resolver a primeira convocatoria do Programa de Atracción e Retención do Talento dotado con 5 millóns de euros

03/11/20 | 14:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Armada colaboran na extracción dun canón de bronce do século XVI da enseada de Mugardos

A peza será trasladada ao Museo Naval de Ferrol para a súa restauración e posterior exposición

03/11/20 | 14:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A CSC Escola comezará a funcionar a vindeira semana e atenderá aos centros escolares galegos

Esta acción enmárcase nas medidas postas en marcha pola Xunta para seguir mellorando a seguridade nas aulas fronte á covid-19

03/11/20 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe con 500.000 euros á reactivación da actividade de 38 compañías e de catro salas escénicas

Publícase na web da Agadic a adxudicación desta nova liña de subvencións para o impulso do sector escénico, dirixida ao fomento de residencias artísticas que relancen montaxes xa producidas

03/11/20 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia analiza nunha exposición a evolución do tratamento da violencia de xénero na prensa galega

A mostra nútrese dos fondos que custodia o Gaiás e inclúe cabeceiras como ‘El Compostelano’, ‘Vida Gallega’ ou as primeiras series de fotogravado que documentan a violencia de xénero nos xornais a finais do século XIX