Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

19/11/20 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta as instrucións para garantir as prácticas presenciais en empresas na FP no contexto da covid-19

O titular de Educación subliña que a prioridade absoluta é que as prácticas se realicen nos centros de traballo de xeito presencial, dado que proporcionan unha cualificación máis completa ao alumnado, pero hai que ter unha folla de ruta alternativa por se a evolución da pandemia non o fai posible

18/11/20 | 19:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/11/20 | 15:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Política Lingüística visita en Trasalba a mostra 'Carvalho Calero. A voz presente'

A exposición despide mañá a sede da Fundación Cultural Ramón Otero Pedrayo e enceta a recta final das súas itinerancias na provincia de Ourense

18/11/20 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Educación subliña que os retos de futuro son a innovación, a cualificación do profesorado, o aproveitamento do talento e a inclusión

José Luis Mira interveu na Comisión Especial de Estudo sobre a Reactivación Económica, Social e Cultural de Galicia pola crise da covid-19

18/11/20 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sensibiliza contra a violencia machista cun mónologo teatral na Cidade da Cultura coa actriz Estíbaliz Veiga

A compañía galega aAntena produce esta peza que se escenificará o vindeiro martes 24 de novembro no Museo Centro Gaiás

17/11/20 | 19:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo Xacobeo 2021 leva ao Museo do Pobo 'A incrible historia do galego Cristovo Colón'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na charla divulgativa do escritor Rodrigo Costoya sobre a orixe do descubridor de América

17/11/20 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As instrucións da Xunta para corrixir o 'decreto do aprobado xeral' manterán os criterios de calidade do sistema educativo galego

A Consellería de Educación ten xa listo o documento, que ten como obxectivo manter os estándares de calidade do noso ensino, avalados por PISA

17/11/20 | 11:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carme Varela álzase co XXV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galináns, cos XIV Barriga Verde para monicreques

O xurado dos certames literarios que a Xunta convoca a través da Agadic recoñeceu ‘As desterradas’ co primeiro destes galardóns, mentres que o segundo foi para ‘República Sideral’ na modalidade para adultos e ‘Pois eu!’ en textos para rapaces

16/11/20 | 16:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Case 6000 estudantes seguen o webinario ‘Só a ciencia nos salvará da pandemia’

A Xunta de Galicia e Igaciencia organizan este evento con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego