Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

01/12/20 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta, o Parlamento e o Foro Enrique Peinador convocan os XXVII Premios de Publicidade en Galego

Estes galardóns recoñecen traballos que dinamizan o uso da nosa lingua neste eido na radio, televisión, internet, prensa escrita e centros de formación de especialistas

01/12/20 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Biblioteca Nacional celebrarán en 2021 dúas grandes exposicións sobre Emilia Pardo Bazán e o Camiño de Santiago

Poderán verse tanto en Madrid como nas cidades de Coruña e de Santiago co gallo do centenario do pasamento da escritora e a celebración do Xacobeo 2021

30/11/20 | 19:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A iniciativa ‘Mar de cultura’ da Xunta encherá Vigo de música durante esta semana desde o Museo do Mar de Galicia

A Consellería de Cultura presenta un novo festival de música 100 % galega no que se darán cita oito dos artistas e formacións máis coñecidos do país

30/11/20 | 14:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o CSIC conclúen o estudo histórico-arqueolóxico do túnel de Montefurado en Quiroga

A investigación permitiu investigar a estabilidade estrutural deste elemento e constatar que forma parte dun conxunto mineiro moito máis amplo

30/11/20 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía en 1.500 prazas a oferta pública de emprego en educación, co que compromete xa un total de 5.000 ata 2022

Os orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para 2021 ascenden a preto de 2700 M€, o segundo máis importante da Xunta, cun incremento do 62% nas partidas inversoras

29/11/20 | 16:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva a Culturgal as experiencias da Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego fronte á covid

A directora do Gaiás, Ana Isabel Vázquez, presenta a programación de outono-inverno da entidade, un referente no uso das novas tecnoloxías na pandemia

29/11/20 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a Xunta porá en marcha un Plan Director para o mantemento da Muralla de Lugo

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, xunto co delegado da Xunta en Lugo, realizou unha andaina co gallo do 20 aniversario da declaración de Patrimonio da Humanidade deste ben

28/11/20 | 17:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforzará en 2021 o seu compromiso coa conservación do patrimonio cultural cun 19% máis de orzamento

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou hoxe a Igrexa de Ventosa en Agolada e a de San Xoán de Portomarín na recta final da súa rehabilitación

28/11/20 | 16:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza en Culturgal as liñas da súa programación para o ano 2021 co obxectivo de que a cultura siga de xeito seguro

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o de Política Lingüística, Valentín García, inciden na necesidade de fomentar a produción e estimular a participación

27/11/20 | 14:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo avala a actualización do protocolo de atención domiciliaria para adaptalo ás situacións do contexto covid

Refórzanse os procesos de seguimento na atención ao alumnado, mellórase a coordinación entre centros educativos e autoridades sanitarias e flexibilízanse as condicións de ensino en canto a horarios e modos de atención