Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

13/12/20 | 09:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura incorpora un orixinal miradoiro cara á Catedral de Santiago a través da obra de Manolo Paz

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o artista achegáronse ao Bosque de Galicia onde a intervención ‘Espellos’ funciona como unha gran fiestra de pedra

12/12/20 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
12/12/20 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará unha nova Oferta de Emprego Público para contrarrestar os efectos da Lei Celáa sobre o corpo de profesores técnicos de FP

O conselleiro Román Rodríguez anunciou que se abrirán 240 prazas para permitir a incorporación de profesionais especialistas a un corpo que está previsto que desapareza na LOMLOE

11/12/20 | 20:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Cultura salienta o labor do museo do gravado de artes a prol da figura de Curros Enríquez

Anxo M. Lorenzo participou na inauguración da exposición ‘Airiños d’a miña terra. O gravado V33’, co gallo do 140 aniversario deste poemario, dun dos máis destacados autores do Rexurdimento

11/12/20 | 17:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O xornalista Pedro Rielo recibe na Estrada o XXV Premio Xornalístico Reimóndez Portela, que conta co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística participou na entrega do galardón que promove o Concello da Estrada en colaboración co Goberno autonómico

11/12/20 | 17:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Roman Rodríguez gaba o esforzo da comunidade educativa do IES Xelmírez I a prol dunha educación de calidade ao longo dos seus 175 anos de historia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou nos actos conmemorativos do aniversario deste instituto, no que se entregaron os premios dos certames de Banda Deseñada e de Ensaio Subversivo

11/12/20 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O investimento da Xunta en universidades no 2021 reforzarase cunha partida adicional de 10 M€ para innovación e dixitalización

Román Rodríguez salienta o compromiso do Goberno galego co labor das universidades para adaptarse ao covid, que se materializa na transferencia de case 14M€ en fondos

11/12/20 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a aposta do festival Novos Cinemas de Pontevedra por un formato mixto presencial e dixital

O director da Agadic participou na presentación da quinta edición do certame, que terá lugar do 15 ao 20 de decembro, do que destacou a súa capacidade de adaptación á situación sanitaria sen perder a súa filosofía

11/12/20 | 11:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta as ‘Bases para o plan de usos de Meirás’ como a “chave para abrilo á cidadanía e convertelo nun espazo vivo”

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, expón unha batería de propostas de partida na que convivan a memoria e o legado de Emilia Pardo Bazán, os valores democráticos, os usos culturais e o fomento da igualdade entre as persoas

10/12/20 | 19:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía o local de San Lourenzo, en Outeiro de Rei, para reforzar os seus usos culturais

Os traballos foron realizados ao abeiro das subvencións para a mellora dos locais de concellos destinados a actividades culturais do Goberno autonómico